Xosé Manuel Buxán Bran

artista español

Xosé Manuel Buxán Bran, nado en Éibar (Guipúscoa) en 1964, é un artista, crítico de arte, activista LGBT[1] e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, dependente da Universidade de Vigo.

Infotaula de personaXosé Manuel Buxán Bran
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Eibar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 544542
Buxán Bran en 2014.

Traxectoria editar

Naceu no País Vasco, no seo dunha familia de emigrantes galegos. Estudou en Bilbao, na UPV, universidade pola que se licenciou en Belas artes cunha tese sobre a representación iconográfica de san Sebastián en relación coa homosexualidade (intitulada Homoerotismo en la iconografía de San Sebastián Mártir: Una visión desde el presente).

Ademais de emblema da beleza masculina, das conexións coa xuventude, a masculinidade, o sadomasoquismo, a figura de San Sebastián utilízase como metáfora da sida e da morte, que é a interpretación engadida na actualidade. Non é unha imaxe de fe, senón unha imaxe de cultura, de pracer e de hedonismo que non ten nada que ver coa da igrexa católica.[2]

Trasladouse a Vigo en 1993 e é profesor universitario no campus da UVigo en Pontevedra dende ese ano, se ben foi en 1998 cando obtivo a titularidade[3].

Foi comisario en exposicións como Malas Artes’03: Prototipos, Verbalidades, Prêt-à-porter, Maquinacións, Arquitrabes e Bizarr@s (Vigo, 2003), Radicais libres: Experiencias gays e lésbicas na arte peninsular (Santiago de Compostela, 2005) ou tamén para a Sala Alterarte, no Campus de Ourense.

É colaborador habitual na prensa, por exemplo no Faro de Vigo. Até a súa desaparición escribía para A Nosa Terra.

En 2017 expuso a súa colección particular de fotografía atopada no CGAC[4].

Obra escrita editar

 
Algunhas imaxes da exposición intitulada "Bañistas. Fotografías atopadas 1880-1963", amosada no CGAC de Compostela en 2017.

Ten multitude de publicacións relacionadas co mundo da arte contemporánea, especialmente no ámbito da creación plástica. Entre elas destacan algúns capítulos ou volumes:

  • (Con)ciencia de un singular deseo: Estudios Lesbianos y Gays en el estado español. Barcelona: Laertes, 1997.
  • Identidades feridas: da arte na doenza. Vigo: Fundación Laxeiro, 2001. (Catálogo)
  • Homo, tod@ la historia, Salvat, 2000. (conxuntamente con Juan Vicente Aliaga)
  • “Algunos términos para un abecedario homoerótico de la iconografía contemporánea de san Sebastián Mártir” (capítulo). En ALIAGA, J.V., HADERBACHE, A., MONLEÓN, Ana (2001) Miradas sobre la sexualidad en el arte y la literatura del siglo XX en Francia y España. Servei de Publicacións de la Universitat de Valencia.
  • “Lo que los ojos ven que no lo verbalicen las palabras: La homosexualidad y la crítica artística en los dibujos y pinturas de Roberto González Fernández” (capítulo). En BENGOECHEA, Mercedes e MORALES, Marisol (Editoras) (2001) Transformaciones de las sexualidades y el género. Servizo de Publicacións da Universidade de Alcalá de Henares.
  • “Órbitas impropias” (capítulo). En Dolores Gálvez (2001). Catálogo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
  • “Noves aportacions al corpus artístic contemporani. Les imatges de l’assagística lèsbica i gai” (capítulo). En GUASCH ANDREU, Oscar (coord.) (2002) Sociología de la sexualitat. Una aproximació a la diversitat sexual. Barcelona: Pòrtic.
  • “Páxinas para un proxecto de diccionario de cultura galega gai” (capítulo). En AA.VV. (2002) A homosexualidade a debate. Vigo: Xerais.
  • “De arquitecturas e praceres surreais” (capítulo). En Mª Xosé Ares (2002): Deshabitando. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
  • “Carne oscura de nardo marchito: las mujeres del Lorca pintor” (capítulo). En GUASCH, Òscar e VIÑUALES, Olga (eds.) (2003) Sexualidades: Diversidad y control social. Barcelona: Edicions Bellaterra.

Notas editar

  1. Entrevista publicada no Faro de Vigo o 10 de xullo de 2010. (en castelán)
  2. «Quizais hai mais 'sansebastianistas' do que se poida pensar», artigo en La Voz de Galicia, 13 de abril de 2008 (en castelán).
  3. Ficha do docente na Universidade de Vigo.
  4. BAÑISTAS. FOTOGRAFÍAS ATOPADAS, 1880-1963 Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., na páxina web do CGAC.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Ficha do persoeiro na páxina web da Universidade de Vigo.
  • Entrevista a cargo da xornalista Fátima Otero para Espacio de Arte de Correo Televisión. Emitida o 12 de decembro de 2013.