Xosé Luís Baltar

político galego
(Redirección desde «Xosé Luís Baltar Pumar»)

Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.

Xosé Luís Baltar
Nome completoXosé Luís Baltar Pumar
Nacemento10 de outubro de 1940
Lugar de nacementoEsgos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresidente da Deputación de Ourense
FillosJosé Manuel Baltar Blanco
Período1990 ata 2012
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mestre, foi alcalde de Nogueira de Ramuín (1976-1995), presidente da deputación provincial de Ourense dende 1990, senador (1993-2000). Foi secretario xeral de Centristas de Galicia ata que ese partido se integrou no PPdeG, do que é presidente provincial.

En xaneiro de 2003 impulsou unha rebelión de deputados ourensáns contra o que entendía era unha deriva de "desgaleguización" do PPdG a raíz da destitución de Xosé Cuíña co gallo da crise do Prestige, ameazando con deixar a Fraga en minoría no Parlamento de Galicia.[1] Como continuación desta liña política, o 20 de setembro de 2004 comunicou a Fraga a súa intención de formar un partido nacionalista de centro dereita sucesor de Centristas de Galicia, se non se lle daba total liberdade para formar a lista de Ourense para as eleccións autonómicas de 2005 e non se incluía ao defenestrado Cuíña nun posto digno na de Pontevedra. O 4 de outubro Fraga chegou a un acordo con el aceptando estas condicións.[2]

Sucesión editar

En xaneiro de 2010 o seu fillo, José Manuel Baltar Blanco gañaba o XV Congreso provincial do Partido, nunha pretendida reafirmación de autonomía e identidade galega e ourensá, con algo máis do 60% dos votos,[3] e no que tivo enfronte unha candidatura apoiada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.[4] O 24 de xaneiro de 2012, con 71 anos de idade, anunciou publicamente a dimisión dos cargos públicos que mantiña: presidente da Deputación de Ourense, deputado provincial nesa mesma provincia e concelleiro no concello de Ourense, quedando exclusivamente como militante de base do PPdeG. Foi sucecido polo seu fillo, José Manuel Baltar Blanco.[5]

Condena editar

Durante o seu período á fronte da Deputación de Ourense, foi acusado en varias veces de favoritismos e malas prácticas sen que se puidese probar nada. Porén, dous anos despois de dimitir de tódolos seus cargos, foi condenado pola contratación irregular de 104 traballadores en vésperas do congreso provincial no que se levou a cabo o seu relevo.[4]

Notas editar

  1. Beramendi (2007-2008), p.193
  2. Beramendi (2007-2008), p. 209
  3. Europa Press (2010-01-30). "Baltar Blanco, nuevo presidente del PP de Ourense". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-29. 
  4. 4,0 4,1 Ascón., Miguel (14 de xuño de 2023). "El adiós de Baltar pone fin a tres décadas de la saga familiar en Ourense". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  5. De la Fuente, S. (2012-02-07). "Baltar asume la Diputación de Ourense con la promesa de gobernar sin influencias externas". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-29. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
-
  
Alcalde de Nogueira de Ramuín
 
1976 - 1995
Sucesor:
José Eugenio Galindo
Predecesor:
Vitorino Núñez
  
Presidente da Deputación de Ourense
 
1990 - 2012
Sucesor:
José Manuel Baltar Blanco