Xordano Catalani

explorador francés

Xordano Catalani, tamén coñecido como Xordano de Séverac[1] (fl. 1302-1330)[2] foi un explorador de Asia e misioneiro dominico catalán coñecido por escribir as Mirabilia descripta ("Marabillas descritas") onde explica as marabillas de Oriente. Foi o primeiro ibérico que pisou a India, un dos primeiros europeos que foron alí como misioneiros[3] e o primeiro bispo católico do subcontinente indio, nomeado polo papa Xoán XXII.[4]

Xordano Catalani
Nacemento1290 e anos 1280xuliano
Lugar de nacementoSévérac-le-Château
Falecemento1336 e século XIIIxuliano
Lugar de falecementoBombai e Sultanato de Delhi
NacionalidadeReino de Francia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico, misioneiro, escritor, explorador e bispo católico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Misioneiro editar

O freire Xordano, misioneiro en Oriente, foi considerado ao longo dos séculos, consecutivamente, portugués, italiano, catalán e francés. Porén, a bula papal que o nomea bispo menciónao como Iordanus Catalani, o que non deixa dúbidas sobre a súa nacionalidade (era común na época que os monxes –e tamén os bispos baixo o mesmo papado– fosen mencionados polo nome relixioso –de ordenación– e o xentilicio, como por exemplo, outro misioneiro, Hieronymus Catalani ou Xerome de Cataluña, bispo de Cafa).[5] Con todo, un encabezamento probablemente apócrifo dunha copia latina posterior de Mirabilia descripta, agocha a súa condición de "catalanus" e o fai nativo ou oriúndo de "Severaco", quizais Severac del Castèl, ao nordeste de Tolosa,[6][7] en Occitania. Xordano xa estivera en Persia algúns ans antes de unirse a un grupo de franciscanos que, cos xenoveses, foron enviados como misioneiros á China en 1320. Despois de partir de Ormuz, rumbo á China os freires arribaron ao porto de Tana (hoxe Thane), situado na illa de Salsete, preto de Bombai, que naquel momento era un dos portos principais da India.[6] Xordano sepárase do resto para ir a visitar a comunidade cristiá de Supara, preto de Bassaim (hoxe Vasai), a poucos quilómetros de Bombai e Tana. Cando descubriu que os franciscanos foran detidos en Thane, marchou a buscalos pero xa era demasiado tarde, xa que foran martirizados entre o 9 e o 11 de abril de 1321.[6]

O 21 de outubro de 1321 manifestou nunha carta o seu desexo de establecerse en Etiopía, pero no canto diso permaneceu nos territorios onde morreran os seus compañeiros para batear a poboación. En 1324 aínda vivía en Thane, onde confiou os restos dos mártires a Odorico de Pordenone, quen probablemente os enterraría na China. Nesta época describiu as actividades comerciais entre a India e Exipto e suxeriu unha presenza naval do Papa no Océno Índico para debilitar o sultán de Alexandría e facilitar a recuperación de Terra Santa.[6]

Bispo editar

 
Xoán XXII (1316 - 1334).

Non se sabe nada máis del ata que, en Aviñón, o papa Xoán XXII o nomeou bispo de Columbo (despois Coulão, Quilon e hoxe Kollam), en abril de 1329. O papa deulle información dos nestorianos establecidos en Columbo (denominación no Atlas Catalán de 1375) nunha carta escrita en latín que demostra que o papa tiña un coñecemento detallado da situación na zona. Xordano afirmaba que enviando dous ou tres centenares de misioneiros á India sería fácil converter máis de 10.000 cismáticos.[8] Foi durante estes anos en Aviñón cando escribiu a súa principal obra, as Mirabilia descripta.

Xordano non marchou de Aviñón antes de setembro de 1330, e fíxoo con cartas de recomendación para os gobernantes indios e o emperador de Etiopía, que eran zonas que formaban parte do seu bispado.[6] Xordano coñecía ben os gobernantes etíopes grazas aos mercadores cristiáns, de feito, foi o primeiro en escribir, en 1328, que o Preste Xoán era o emperador de Etiopía.[9] Se ben xa houbera varios contactos a través doutros bispados de Persia e algúns misioneiros latíns xa chegaran alí, confiouse a Xordano a misión concreta de establecer relación directa cos gobernantes etíopes, pero non o fixo xamais.[2] Non se sabe nada do final da súa vida.[6]

Obra editar

 

Dos seus escrito consérvanse algunhas epístolas do bispo Xordano coma a que debía chegar a Marino Sanuto (1306-1321), quizais a través do bispo Xerome de Cataluña, para que unha frota cristiá chegase aos mares da India. Cartas como esta serviron de borrado para a Paixón dos franciscanos de Tana, un escrito que refundiu Francisco de Pisa. A súa obra máis coñecida, malia que durante a Idade Media tivo unha circulación limitada, é as Mirabilia.[6]

Mirabilia descripta editar

Antes de saír para Malabar como bispo, Xordano ditou ou escribiu as súas Mirabilia descripta, que a partir da evidencia interna só pódese datar dentro do período de 1327 a 1330; neste informe proporcionou a mellor descrición do seu tempo sobre as rexións da India, os produtos, o clima, os costumes, a fauna e flora, etc., que porén non tivo nin preto a difusión que na Idade Media tivo por toda Europa o Libro das Marabillas de Marco Polo, nin sequera a do Itinerarium do freire Odorico de Pordenone, que ademais o ignora completamente por motivos descoñecidos.[10] No que concirne á navegación, os seus escritos permitiron coñecer tecnoloxías que se incorporarían máis tarde en occidente, como a cabinas nos barcos para os comerciantes.[11]

Na súa tripla división da India, a India Maior abrangue desde as Costas de Malabar ata a Cochinchina; mentres que a India Menor se estende desde Sind (ou quizais de Beluchistán) ás Costas de Malabar; e a India Media inclúe unha ampla rexión costeira sen definir ao oeste de Beluchistán, chegando ata Etiopía e os dominios do Preste Xoán.

Refírese á residencia do autor na India Maior e especialmente en Kollam, así como as súas viaxes por Armenia, o noroeste de Persia, a rexión do Lago Van, e Caldea; e subministra excelentes descricións das doutrinas dos parsis, dos costumes funerarios, do culto hindú ao boi, de ídolos e rituais, do sati ou suicidio das viúvas na pira funeraria do marido, así como das froitas da India, as súas aves, os seus animais en xeral e os seus insectos. Finalmente a súa pista pérdese e despois do 8 de abril de 1330 non se teñen máis noticias do bispo Xordano.

Notas editar

  1. Société de géographie (France). Recueil de voyages et de mémoires, 1839, p. 421.
  2. 2,0 2,1 Siegbert Uhlig. Encyclopaedia Aethiopica: D-Ha. Otto Harrassowitz Verlag, 2003, p. 190. ISBN 978-3-447-05238-2.
  3. Ashok Pant. The Truth of Babri Mosque. iUniverse, 29 de agosto de 2012, p. 37. ISBN 978-1-4759-4290-3.
  4. Crespo, Martí. «Jordà de Catalunya, el nostre Marco Polo». Vilaweb, 12 de novembro de 2014 [Consulta: 12 de novembro de 2014].
  5. de Catalunya, Jordà. Meravelles descrites. 1a ed. (en catalán -Tradución, edición e introdución de Jordi Joan Baños). Barcelona: Angle Editorial, 10/11/2014, p. 124. ISBN 978-84-16-13925-5.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 John Block Friedman; Kristen Mossler Figg Trade, Travel, and Exploration in the Middle Ages: An Encyclopedia. Routledge, 4 de xullo de 2013, p. 836. ISBN 978-1-135-59101-4.
  7. Joan-Pau Rubiés. Travel and Ethnology in the Renaissance: South India Through European Eyes, 1250-1625. Cambridge University Press, 5 de setembro de 2002, p. 74. ISBN 978-0-521-52613-5.
  8. Wilhelm Baum; Dietmar W. Winkler Apostolic Churches of the East: A Concise History. Routledge, 8 de decembro de 2003, p. 101. ISBN 978-1-134-43019-2.
  9. Graham Hancock. The Sign and the Seal: The Quest for the Lost Ark of the Covenant. Crown Publishing Group, 19 de setembro de 2012, p. 159–. ISBN 978-0-307-82904-7.
  10. Gaillard, Valèria. «"El somni de les Índies va ser primer un somni català"». El Punt Avui, 23 de xaneiro de 2015, pp. 12-13.
  11. Joseph Needham. Science and Civilisation in China: Volume 4, Physics and Physical Technology, Part 3, Civil Engineering and Nautics. Cambridge University Press, 1 abril 1971, p. 830. ISBN 978-0-521-07060-7.