Abrir o menú principal

Beluchistán[1] é unha rexión de Asia, repartida entre tres países: o oeste de Beluchistán pertence a Irán (provincia de Sistán e Baluchistán); o norte pertence a Afganistán; e a parte leste, á provincia paquistaní de Baluchistán.

Situación xeográficaEditar

No nordeste da rexión elévanse os montes Sulayman, que marcan os límites entre o Beluchistán e o Punjab, en Paquistán. Esta cadea montañosa en forma de arco culmina no pico de Kalifat, de 3487 m de altura, ó este de Quetta. Estas montañas ábrense cara a chaira de Kacchi a través do porto de Bolan, paso histórico dos comerciantes que facían o traxecto entre Oriente Medio e o subcontinente indio. Na zona descubríronse numerosos xacementos arqueolóxicos antigos (Cultura do val do Indo).

Ao sueste, a cadea montañosa de Khirtar esténdese ata o deserto de Makrán que ocupa a zona costeira do Golfo de Omán. Para rematar, cara ao leste o territorio acaba na fronteira de Karachi, que foi a primeira capital de Paquistán, co chamado "cemiterio de barcos".

NotasEditar

  1. Ver entrada de «Zaheda». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2250. ISBN 9788482893600. 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.