Abrir o menú principal
Xogos da Lusofonía
Lang-pt.gif
Estados Participantes 12 CONs
Slogan Unido pelo Desporto
Organización ACOLOP
Sede Flag of Portugal.svg Lisboa, Portugal
Presidente Alex Vong
Primeira edición 2006
Sitio oficial ACOLOP.ORG

Os Xogos da Lusofonía son un evento multideportivo entre países de lingua portuguesa, constituíndo unha especie de Xogos Olímpicos disputados entre os diversos países lusófonos.

CompeticiónEditar

"Unidos pelo desporto", este é o lema da Associação dos Comités Olímpicos de Língua Oficial Portuguesa (ACOLOP), que foi fundada o 8 de xuño de 2004, co obxectivo de integrar o mundo lusófono polo deporte e xa oficialmente recoñecida polo Comité Olímpico Internacional.

O portugués é o idioma oficial de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Macau, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe, Timor-Leste e, dende 2007, Guinea Ecuatorial. Na actualidade, é a cuarta lingua materna máis falada do mundo, con cerca de 260 millóns de falantes nativos, estando case 5 millóns deles espallados por outros países do mundo (principalmente EUA, Canadá, Francia e o Reino Unido entre outros).

Os membros asociados da ACOLOP, Guinea Ecuatorial, India e Sri Lanka, países onde o portugués non é lingua oficial, foron convidados a participar nos Xogos da Lusofonía. A influencia do Imperio Portugués sobre os continentes africano, asiático e oceánico, durante a Era dos Descubrimentos, explica a perpetuación de variacións da lingua portuguesa nalgunhas rexións desas tres nacións.

A Galiza, terra onde se orixinou a lingua portuguesa e onde moitos filólogos afirman que o galego e o portugués e a mesma lingua, foi convidada varias veces a participar nos Xogos, ficando fora dos mesmos por causa do desinterese mostrado polo goberno autonómico.[1]

EdiciónsEditar

Ano Xogos Sede País Data Maior medallista Desempeño do anfitrión
2006 I Macau   Macau (R.A.E. da R.P. da China) 7 de outubro - 15 de outubro   Brasil (29-19-9)   Macau: 6º (0-3-11)
2009 II Lisboa   Portugal 11 de xullo - 19 de xullo   Brasil (33-23-20)   Portugal: 2º (25-34-15)
2014 III Goa   India 18 de xaneiro - 29 de xaneiro   India: (37-27-28)   India: (37-27-28)
2017 IV Maputo   Mozambique (a ser coñecido) (a ser coñecido)   Mozambique: (a ser coñecido)
2021 V Luanda   Angola (a ser coñecido) (a ser coñecido)   Angola: (a ser coñecido)

NotasEditar