Xoán Paredes

xeógrafo e druída galego

Xoán M. Paredes, nado en 1975 é un xeógrafo, profesor e druída galego. É o actual responsable da Irmandade Druídica Galaica, unha organización relixiosa rexistrada oficialmente.[1][2] É seguidor do reconstrucionismo druídico, un movemento pagán contemporáneo baseado no politeísmo celta.[3] Foi membro do Instituto Galego de Estudos Célticos e foi responsable da organización de seminarios académicos e conferencias sobre a Galicia celta, entre outros.

Xoán Paredes
Nacemento1975
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e University College Cork
Ocupaciónxeógrafo e Druída
Na rede
Twitter: XMilesio Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Maria Dovigo (esquerda), Xoán Paredes (centro) e Francesco Benozzo (dereita). Pitões das Júnias (Montalegre) conferencia da cultura celta, Portugal, abril de 2016.

Traxectoria editar

Paredes é licienciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou baixo a dirección de Carlos Ferrás. Completou a súa tese de MPhil (máster por investigación) en planeamento e ordenación territorial na Universidade de Cork (Irlanda), baixo a supervisión de Patrick O'Flanagan.[4]

Durante a súa estadía en Irlanda (1999-2010), Paredes traballou como profesor e asistente da biblioteca na UCC, e colaborou regularmente co Centro Irlandés de Estudos Galegos e co Ministerio de Educación e Ciencia do país.[5]

Nas súas investigacións académicas, e máis alá da ordenación territorial, Paredes centrouse nos estudos sobre a Europa atlántica e a xeografía cultural, contribuíndo á definición de paisaxe cultural entendida como:

"... o medio modificado polo ser humano ao longo do tempo, a combinación a longo prazo entre a acción antrópica sobre ese medio e os condicionantes físicos limitantes ou condicionantes sobre a actividade humana. É unha área xeográfica – incluíndo recursos naturais e culturais – asociados cunha evolución histórica, e que acaba por dar lugar a unha paisaxe recoñecible para un grupo humano determinado, ata o punto de ser identificativo como tal para outros"[6]

No presente ensina ciencias sociais, inglés e portugués,[7] ó tempo que está involucrado en varias asociacións e organizacións.

Notas editar

  1. "Detalle de entidades religiosas", Ministerio de Justicia Español (último acceso 9 de agosto de 2017).
  2. (2017) “Galicia and Druidry”, entrevista en Spectacular Spain (S01 E06), Channel 5 (UK) (emitido por primeira vez o 5 de maio de 2017), presentado por Alex Polizzi.
  3. NicDhàna, Kathryn Price; Erynn Rowan Laurie; C. Lee Vermeers; Kym Lambert ní Dhoireann (agosto de 2007). The CR FAQ — An Introduction to Celtic Reconstructionist Paganism. River House Publishing. pp. 134–6. ISBN 978-0-615-15800-6. 
  4. (2007): Territorial management and planning in Galicia: From its origins to end of Fraga administration. 1950s – 2004. MPhil Thesis, Dept. of Geography, University College Cork.
  5. CV&Contacto, sitio persoal (consultado o 8 de agosto de 2017).
  6. Paredes, X.M. (2015) "A utilidade do celtismo. Celticidade galaica no S.XXI". Actas das Jornadas das Letras Galego-Portuguesas 2012-2014, DTS and SAGA. p. 175-190.
  7. Xoán at Centro de Iniciativas Culturais e Académicas[Ligazón morta] (consultado o 8 de agosto de 2017).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar