Grassroots (pronunciación en inglés: /ˈgrɑːsruːts/; lit. 'raíz de céspede', fig. 'fundamental', 'de base') é unha forma de asociación, constituída polos membros dunha comunidade. Implica que a creación do movemento e o apoio do grupo é natural e espontáneo, destacando as diferenzas con comunidades promovidas polas estruturas de poder. Un termo similar en galego é asociación de base ou movemento de base[1][2].

Diferentes contextos xeográficos editar

Nos Estados Unidos, onde teñen a súa orixe, os movementos Grassroots existen a nivel local, con voluntarios na comunidade que doan o seu tempo para apoiar un partido político local que máis tarde apoiará un partido a nivel nacional. Por exemplo, un movemento deste tipo anima a rexistrar votantes para un partido político determinado.

Termo editar

En xeral, o termo tradicionalmente empregado en galego para os movementos grassroots é base ou bases[3]. O termo en inglés ten un oposto a Grassroots (herba ou céspede de raíz, figuradamente o que está a ras de chan) que é Astroturfing, termo derivado de AstroTurf, unha popular marca de herba artificial, para sinalar un tipo de propaganda que pretende ser pasada por un movemento de base.

Técnicas editar

Os grassroots organízanse e crean grupos de presión de varias formas:

  • Albergando reunións en locais e realizando congresos anuais e/ou xerais
  • Colocando carteis e anuncios
  • Falando coa xente pola rúa
  • Pedindo sinaturas
  • Obtendo cartos e donativos para campañas
  • Colocando mesas de información polas rúas
  • Organizando manifestacións
  • Pedindo opinións á poboación que serán tidas en conta despois
  • Todas elas, formas variadas de aplicación do concepto "Do It Yourself", co que está relacionado.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  1. "Asociacionismo de base e concellos: unha lectura diacrónica (1964-2005" (PDF). ruc.udc.es. Consultado o 25 de xuño de 2022. 
  2. "Grassroots: Portuguese translation, meaning, synonyms, antonyms, pronunciation, example sentences, transcription, definition, phrases". en.englishlib.org. Consultado o 2022-06-26. 
  3. "base". DIGALEGO. Consultado o 2022-06-25.