Carlos Ferrás Sexto

xeógrafo español

Carlos Ferrás Sexto, nado en Compostela o 3 de outubro de 1965, é un xeógrafo e académico galego.

Infotaula de personaCarlos Ferrás Sexto
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carlos Ferrás é catedrático de Xeografía Humana no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. É tamén o director do Grupo de Investigación Socio-Territorial[1][2](GIS-T/IDEGA) e do Centro de Estudos Eurorrexionais.[3]

Carlos Ferrás rematou a súa tese de doutoramento baixo a supervisión de Patrick O'Flanagan, realizando un estudo comparado dos procesos de cambio rural en Galiza e Irlanda. Este traballo supúxolle acadar o grao de Doctor Europeus, xa que logo foi realizado entre a universidade compostelá e a University College Cork (Irlanda)[4]. Despois da súa experiencia irlandesa, e antes de volver a Galiza, a súa investigación levouno a México, onde traballou como docente na Universidade de Guadalajara.[5]

Ferrás Sexto ten estudado en profundidade os campos da xeografía económica, cultural e histórica, a Europa atlántica, os fenómenos de contra urbanización e suburbanización, o concepto de cidade xardín, asentamentos rurais, procesos de cambio rural e o uso das novas tecnoloxías aplicadas ao desenvolvemento das áreas rurais, incluíndo a alfabetización dixital [6]. É tamén un especialista na chamada mercadotecnia territorial,[7] liderando un feixe de proxectos de desenvolvemento, como Granxa Familiar[8] e Galicia Auténtica[9].

Obra parcial editar

  • Cambio Rural na Europa Atlántica. Os casos de Galicia e Irlanda (1970-1990). Universidade de Santiago de Compostela e Xunta de Galicia, Compostela, 1996.
  • A Contraurbanización: un achegamento teórico e estudio de casos en Irlanda, España y México . Universidade de Guadalajara (México) e Xunta de Galicia, Guadalajara-Xalisco, 1998.
  • "Cambio social e territorial en Galicia, ¿de país rural a cidade xardín?", en Semanata no. 9, pp. 55–78, Compostela, 1998.
  • Santiago Apóstol en México: culto y significado en el Reino de la Nueva Galicia. Xunta de Galicia, 1998.
  • (e Xoán Paredes) "Reflexiones sobre justicia social y desarrollo alternativo en América Latina. ¿Desarrollo local, desarrollo sostenible y/o ecosocialismo?", en Seminario internacional sobre perspectivas de desarrollo en Iberoamérica, pp. 81–96, Universidade de Santiago de Compostela, 1999.
  • (e Xosé Manuel Souto González) "Cidade atlántica e organización territorial en Galicia", en Grial no. 155, pp. 507–528, 2002.
  • (et alii) "Un novo escenario para a economía galega, minifundio sostible e agricultura familiar ecolóxica: análise do caso da cooperativa Feiraco", en Congreso de Economía de Galicia, pp. 853–865, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
  • "Reflexión acerca del significado de la obra del profesor O'Flanagan para la Geografía de Galicia", en Xeográfica no. 1, pp. 199–203, Compostela, 2001.
  • (et alii) Novas tecnoloxías e economía cultural, Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
  • "Un ideario de cidade en rede policéntrica ubicada nun grande xardín: o caso da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", en Revista de Estudos Euro-Rexionais', pp. 27–38, 2006.
  • (et alii) Sociedade da información en espacios periféricos: novas formas de exclusión social, Universidade de Santiago de Compostela, 2006.
  • (et alii) "Cultura e novas tecnoloxías. A experiencia de Infobrion.com", en Encontros Cultura e Concellos, pp. 139–156, Consello da Cultura, Galega, Compostela, 2006.
  • (et alii) "Fronte aos localismos, eurorrexión", en Tempos Novos no. 155, pp. 67–70, 2010.

Notas editar

  1. "GIS-T". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  2. "O reitor da USC e o conselleiro de Innovación inauguraron as xornadas 'Estratexias TIC e de Sociedade da Información en Galicia', organizadas co gallo do Día de Internet en Galicia". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  3. http://www.fceer.org Centro de Estudos Eurorrexionais
  4. http://www.ucc.ie
  5. http://www.udg.mx
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  7. El territorio como mercancía, 2001, por Carlos Ferras et al.
  8. http://www.granxafamiliar.com
  9. http://www.galiciaautentica.org

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar