Patrick O'Flanagan

xeógrafo irlandés

Patrick O'Flanagan, nado en Dublín en 1947, é un xeógrafo e académico irlandés.

Infotaula de personaPatrick O'Flanagan
Biografía
Nacemento1947 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIrlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Patrick O'Flanagan é catedrático emérito do Departamento de Xeografía[1] da University College Cork[2], Irlanda, onde tamén foi xefe de departamento ata o seu retiro en 2009. Actualmente colabora regularmente co Centro de Investigación Socio-Territorial[3] (GIS-T/IDEGA), da Universidade de Santiago de Compostela.

A súa investigación céntrase principalmente na Europa atlántica, cun particular interese en Galicia e na Iberia atlántica[4], desde a perspectiva da xeografía cultural e histórica. O'Flanagan axudou, de feito, a definir e estandarizar o concepto de Europa atlántica. Outras investigacións súas tratan coa evolución comparada de cidades-porto en Europa, cambio rural, sistemas de asentamentos e habitabilidade.

Obra parcial editar

  • The Living Landscape, Kilgalligan, Erris, County Mayo, (con S. O Cathain), Dublin, 1974.
  • Rural Ireland,1600-1900: Modernization and Change, (con P. Ferguson e K. Whelan), Cork, 1987.
  • Bandon,Irish Historic Towns Atlas, No.3, Dublin, 1988.
  • Cork,History and Society,(con N. Buttimer), Cork, 1993.
  • Xeografía Histórica de Galicia, Xerais, Vigo, 1996.
  • "Galicia en el marco geográfico y histórico de la Europa Atlántica", en Xeográfica I, pp. 115–133, Santiago de Compostela, 2001.
  • Port cities of Atlantic Iberia, c. 1500-1900, Aldershot, 2008.

Notas editar

  1. Department of Geography
  2. UCC
  3. "GIS-T IDEGA". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2019. 
  4. Ferrás Sexto, C. (2001): "Reflexión acerca del significado de la obra del profesor O'Flanagan para la Geografía de Galicia", en Xeográfica no. 1, pp. 199–203, Compostela.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar