Xesús Ferreiro
Xesús Xan Ferreiro García ou simplemente Xesús Ferreiro, alcumado "Cachorro", nado na Coruña o 24 de febreiro de 1985 é un boxeador profesional galego. Na súa carreira profesional ten disputado un total de 20 combates, gañando 15 (5 por KO), perdendo 4 (2 por KO) e empatando un.[1] Cachorro é, xunto con Moncho Casal o único boxeador coruñés que conseguiu un campionato estatal en dúas categorías distintas, semipesado e supermedio.[nota 1][2]
Nome orixinal | Xesús Xan Ferreiro García |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de febreiro de 1985 (39 anos) A Coruña, Galiza |
Outros nomes | Cachorro |
País de nacionalidade | Galiza |
Altura | 1,78 m |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Deporte | Boxeo (peso Supermedio) |
Traxectoria
editarXesús Ferreiro naceu na Coruña o 24 de febreiro de 1985. Iniciouse na práctica do boxeo con 12 anos, facendo o seu debut o 7 de xuño de 2008 en Ferrol fronte ao boxeador portugués Fernando Fernandes, ao que derrotou no cuarto asalto por KO técnico.
O primeiro título profesional de "Cachorro" chegou o 2 de febreiro de 2013, cando derrotou no Palacio de Deportes de Madrid ao púxil tinerfeño Adasat Rodríguez aos puntos por decisión unánime tras dez asaltos, porén cinco meses despois, o 12 de xullo de 2013, perdeu o título fronte ao mesmo adversario no Frontón de Riazor da cidade herculina co mesmo resultado.[1]
O 2 de maio de 2014 fíxose co cinto de campión de España do peso supermedio logo de derrotar ao boxeador cántabro Iván Salcines por decisión unánime no Frontón de Riazor. Na primeira defensa do título derrotou por decisión unánime ao asturiano Jose Manuel Iglesias "Punky" no Pavillón do Barrio das Flores coruñés.[3] Porén, o 1 de maio de 2015, na segunda defensa do título caeu no segundo de dez asaltos por KO técnico no Frontón de Riazor fronte ao boxeador nado en Suíza Blas "Colorín" Martínez, nunha noite na que se homenaxeara ao ex-campión de España en peso superwélter Iván Sánchez "Dinky".[1][2]
Vida persoal
editarO 2 de maio de 2014, logo de proclamarse campión de España do peso supermedio, pediulle matrimonio á gaiteira Susana Seivane,[4] coa que ten dous fillos, Fiz[5] e Antón.
Palmarés
editarXesús Ferreiro ten conseguido numerosos títulos a nivel estatal tanto en categoría afeccionado como profesional:[6]
- Subcampíon de España júnior de boxeo afeccionado en peso medio.
- Campión de España júnior de boxeo afeccionado en peso semipesado.
- Medalla de prata no Boxam de Lanzarote en peso semipesado.
- Campión de España sénior de full contact en peso semipesado.
- Medalla de bronce no Bozam de Vigo en peso semipesado.
- Campión de España profesional full contact en peso semipesado.
- Campión de España profesional boxeo en peso semipesado
- Bicampión de España de boxeo profesional en peso supermedio
Rexistro
editar15 Ganadas (5 KO), 4 Derrotas (2 KO), 1 Empate | |||||||
Res. | Récord | Opoñente | Tipo | Rd., Tempo | Datos | Localidade | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|---|
D | 15-4-1 | Blas Miguel Martínez | TKO | 2 (10) | 01-05-2015 | Frontón de Riazor, A Coruña | Perdeu o título de Campión de España na categoría supermedio. |
V | 15–3–1 | Fatah Baghban | PTS | 6 | 06-03-2015 | Frontón de Riazor, A Coruña | |
V | 14-3-1 | Nuno Lagarto | PTS | 8 | 12-12-2014 | Teixeiro | |
V | 13-3-1 | José Manuel Iglesias | UD | 10 | 08-08-2014 | Pavillón do Barrio das Flores, A Coruña | Retivo o Campionato de España supermedio. |
V | 12-3-1 | Iván Salcines | UD | 10 | 02-05-2014 | Frontón de Riazor, A Coruña | Retivo o campionato de España supermedio. |
V | 12–2–1 | Ricardo Fernandes | PTS | 6 | 14-02-2014 | Frontón de Riazor, A Coruña | |
D | 11–2–1 | Adasat Rodríguez | UD | 10 | 12-07-2013 | Frontón de Riazor, A Coruña | Perdeu o título de Campión de España en peso semipesado. |
V | 11–1–1 | Adasat Rodríguez | UD | 12 | 02-02-2013 | Palacio de Deportes, Madrid | Gañou o Campionato de España en peso semipesado. |
V | 10-1-1 | Julio Alberto Barsena | TKO | 3 (10) | 30-11-2012 | A Coruña | |
V | 9-1–1 | Iban Estévez | TKO | 5 (6) | 07-10-2011 | Pazo dos Deportes de Riazor, A Coruña | |
V | 8-2–1 | Miguel Sanromán | PTS | 6 | 15-04-2011 | Frontón de Riazor, A Coruña | |
D | 7-1-1 | Roberto Lorenzo Alonso | KO | 6 | 04-03-2011 | Salceda de Caselas | |
V | 6-1-1 | Miguel Sanromán | PTS | 4 | 03-12-2010 | Frontón de Riazor, A Coruña | |
V | 5-1-1 | Nelson Amudabi | UD | 4 | 11-10-2010 | Cedeira | |
V | 4-1-1 | Nelson Amudabi | PTS | 4 | 06-08-2010 | A Coruña | |
V | 3-1-1 | Ihor Balavat | TKO | 4 (6) | 02-10-2009 | Frontón de Riazor, A Coruña | |
D | 2-1-1 | Alberto Fernández | TKO | 4 (6) | 16-01-2009 | Complexo Deportivo das Travesas, Vigo | |
V | 2-0-1 | Anghel Florin | TKO | 2 (6) | 03-10-2008 | Pavillón Municipal de Deportes, Lugo | |
E | 1-0-1 | Rui Manuel Pavanito | PTS | 4 | 19-09-2008 | Frontón de Riazor, A Coruña | |
V | 1-0-0 | Fernando Fernándes | TKO | 4 | 07-06-2008 | Ferrol | Debut. |
Notas
editar- ↑ Moncho Casal conseguira anteriormente os títulos estatais en galo e pluma.
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 boxrec.com (ed.). "Xesus Ferreiro" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2015. Consultado o 17 de maio de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 La Voz de Galicia, ed. (2 de maio de 2015). "Cachorro pierde el cinturón nacional en el segundo asalto" (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2015.
- ↑ Marca, ed. (9 de agosto de 2014). "Cachorro mantiene cinturón de los supermedios" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (3 de maio de 2014). "Cachorro pide en el ring matrimonio a Susana Seivane" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (14 de abril de 2013). "Un bebé gaiteiro y boxeador" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ Concello de Cambre, ed. (23 de febreiro de 2015). "Cambre contará a partir de marzo con una escuela de BOXEO dirigida por el campeón nacional Xesús Ferreiro "Cachorro"" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2015.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xesús Ferreiro "Cachorro" en Facebook
- Perfil de Xesús Ferreiro "Cachorro" (en inglés)
- Entrevista a Xesús Ferreiro "Cachorro" en La Opinión (en castelán)
- Boxeo en Coruña, ed. (26 de marzo de 2013). "Entrevista a Xesús Ferreiro" (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2015.
- Combate entre Xesús Ferreiro e Adasat Rodríguez en YouTube (2 de febreiro de 2013)