Xares, A Veiga
Santa María de Xares é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 55 habitantes, sendo 23 homes e 32 mulleres.
Xares | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Xares. | |
Concello | A Veiga[1] |
Provincia | Ourense |
Poboación | 55 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Era a parroquia de presentación do marquesado de Figueiredo, sendo o lar propio coñecido como Casa de Lamela.
A principios da guerra civil española converteuse na última aldea en resistir o avance dos fascistas ao recibiren nela aos que fuxían da Veiga dun ataque de falanxistas e gardas civís, reunidos aquí preparáronse fronte ao envite nesta poboación amiga, pero vendo que seguían en condicións inferiores decidiron botarse ao monte, mais produciuse a represión cando chegaron aquí os falanxistas e civís conservadores destruíndo as casas daqueles que votaran a candidaturas progresistas [Cómpre referencia].
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XI, en 1010, sendo reformada no século XVI. Ten planta de cruz patriarcal, propia do románico, e fachada neoclásica. Na cúpula hai catro esculturas, representando a dous mestres e dous peóns, con inscricións nun deles. Hai unha cruz de 1624, doada por Alonso Ponce de León, familiar do Santo Oficio. No templo consérvanse libros de rexistro de 1583.
A parroquia aínda conserva moitos muíños, algúns de orixe medieval, aproveitando cantidade de cursos fluviais.
TurismoEditar
Ademais de diversas casas de turismo rural, en Xares hai un hotel de 3 estrelas. Dous dos atractivos son a pesca, principalmente no río Xares, e a caza.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Xares, A Veiga.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de XaresEditar
Lugares da parroquia de Xares no concello da Veiga (Ourense) | |
---|---|