A Ponte, A Veiga

parroquia civil do concello da Veiga

Santa María Madalena da Ponte é unha parroquia do concello da Veiga, na provincia de Ourense. Eclesiasticamente pertence á diocese de Astorga. Segundo o padrón municipal (INE) en 2011 tiña 40 habitantes (22 homes e 18 mulleres), tres menos ca no ano anterior. Ten unha soa entidade de poboación.

A Ponte
Vista xeral A Ponte, A Veiga.jpg
Vista xeral da aldea desde Vilanova
ConcelloA Veiga[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°15′02″N 6°53′37″O / 42.250630555556, -6.8936Coordenadas: 42°15′02″N 6°53′37″O / 42.250630555556, -6.8936
Poboación40 hab. (2011)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

CaracterísticasEditar

O lugar ten unha estrutura concentrada de estreitas rúas e construcións de pedra con teitos de lousa. Os edificios encostados están imbricados de vivendas, leñeiros e palleiras, nunha continuidade simple e práctica ao mesmo tempo. Das fachadas das casas moitas veces sobresaen os fornos onde os seus veciños antigamente facían o seu propio pan.

A poboación divídese a ámbalas dúas beiras do río Xares. A igrexa está no lado dereito do val e a antiga Casa-Escola está xunto ao río na marxe esquerda.

A Ponte viviu no século XX da gandeira, da agricultura de autoconsumo no val do río Xares, e na primeira metade do século das explotacións mineiras do volframio.

A pedra na PonteEditar

Encóntranse diversas esculturas á vista ao longo do lugar, aínda que a construción máis rechamante é a Casa dos Baqueiros/Vaqueiros[2] que mostra nas paredes exteriores figuras gravadas e outras en relevo nas pedras sen unha organización clara e de difícil datación. Parecen pezas aproveitadas doutras construcións de natureza incerta, posibelmente algunha edificación ritual ou relixiosa. Entre as figuras, pódense observar figuras de seres humanos a cabalo, animais como un cervo e mesmo símbolos do Sol, a Lúa e unha vieira. Tamén se aprecian grafías e trazos diversos.[3][4]

ContornoEditar

Artigo principal: Pena Trevinca.

No contorno de Ponte, pódese practicar o sendeirismo, a astronomía, a pesca, principalmente no río Xares, e a caza. Desde Ponte, saen dous camiños sinalizados: o PR-G 199 Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto (18 km, ida e volta; se se vai até o pico de Pena Trevinca, esténdese até os 21,6 km; dificultade alta; duración de 7 horas)[5] e o PR-G 200 Ruta das lagoas glaciares da Serpe e de Ocelo (14 km, ida e volta; dificultade media-alta; duración de 5 horas)[6]. Desde 2015, Trevinca é un Destino Turístico Starlight[7], por tanto un lugar recomendado para a observación nocturna do ceo.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares da PonteEditar

Lugares da parroquia da Ponte no concello da Veiga (Ourense)

A Ponte

Parroquias da VeigaEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Veiga

Baños (San Fiz) | Candeda (San Miguel) | Carracedo (San Miguel) | Casdenodres (San Salvador) | Castromao (Santa María) | Castromarigo (San Miguel) | Corexido (Santo Estevo) | Corzos (Santiago) | Curra (San Miguel) | Espiño (San Vicenzo) | Hedreira (Santa Comba) | Lamalonga (Santa María) | Meda (Santa María) | Meixide (Santa María) | A Ponte (Santa María Madanela) | Prada (Santo André) | Prado (Santo Estevo) | Pradolongo (San Pedro) | Requeixo (Santo André) | Riomao (San Tomé) | San Fiz (Santa Catalina) | San Lourenzo (San Lourenzo) | Santa Cristina (San Tirso) | Seoane (San Xoán) | Valdín (Santa María) | A Veiga (Santa María) | Vilaboa (Santa Lucía) | Vilanova (San Pedro) | Xares (Santa María)


NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Aparece nomeada con v e b segundo os autores/as.
  3. "A Casa dos Baqueiros. A Ponte (A veiga)". Patrimonio Galego. Consultado o 2022-08-22. 
  4. "A Veiga: un puzzle histórico nas fachadas". Capítulo Cero. Consultado o 2022-08-22. 
  5. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de Turismo (2021-12-15). "Sendeiros PR-G 199 Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto na Veiga (Ourense)". Turgalicia. Consultado o 2022-08-21. 
  6. Turismo, Turgalicia/Axencia Galega de Turismo (2021-12-15). "Sendeiros PR-G 200 Ruta das lagoas glaciares da Serpe e de Ocelo na Veiga (Ourense)". Turgalicia. Consultado o 2022-08-21. 
  7. Company, The Geco. "Listado de Destinos Turísticos Starlight". Starlight Fundación (en castelán). Consultado o 2022-08-18. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar