Xoán Manuel Tubío Fernández
Xoán Manuel Tubío Fernández, coñecido como Xaneco, nado en Outeiro de Rei o 8 de agosto de 1967, é un luthier de instrumentos musicais galegos. Desde o ano 2015 ocupa a presidencia da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1967 (57 anos) Outeiro de Rei, España |
Actividade | |
Ocupación | lutier |
Empregador | Asociación de Gaiteiros Galegos |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarFillo dun carpinteiro, aprendeu desde moi cativo as técnicas e o manexo das ferramentas para traballar a madeira. A idade de 15 anos entrou en contacto coa música tradicional galega na Asociación cultural de Outeiro de Rei, onde comezou como percusionista. Nos anos noventa fabricou o seu primeiro tambor, continuando desde aquela a fabricación de instrumentos tradicionais. O aumento na súa listaxe de encomendas fixo que abrise o seu propio obradoiro en San Fiz de Paz no ano 1996: Xaneco, obradoiro de instrumentos musicais.[1]
No ano 1995 entrou en contacto coa zanfona, grazas a un curso organizado pola AGG, comezando a interesares e acumular información arredor do instrumento. Posteriormente realizou un curso no obradoiro-escola de instrumentos galegos da deputación de Lugo e, coa axuda do luthier de Sarria Xermán Arias, fabricou a súa primeira zanfona, sendo actualmente un dos poucos luthiers que as fabrican en Galiza. Un destes instrumentos, a "zanfona carneifona", valeulle o primeiro premio no X Certame de Artesanía Antón Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña.[2]
Como músico participou en diferentes grupos como Aloia ou Caldaloba,[3] sendo na actualidade membro dos Minhotos.[4]
Desde o ano 2015 é presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Notas
editar- ↑ "Obradoiro - Xaneco". xaneco.gal. Consultado o 2022-04-28.
- ↑ "A “Zanfona CarneiFona” válelle a Xaneco Tubío o premio Antón Fraguas". Nós Diario. 2014-06-28. Consultado o 2022-04-28.
- ↑ "Xaneco Tubío". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2022-04-28.
- ↑ Os Minhotos. Canle dos Minhotos (Youtube).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigos de Xaneco Tubío. Nós diario.
- El arte del luthier. Desde Galicia para el mundo (castelán). 02/04/2014 (Youtube).
- Xaneco HD. Curtametraxe de Isabel Albela González (EASD Mestre Mateo). 20/04/2015 (Youtube).