Río Xúcar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O río Xúcar[Cómpre referencia] (en valenciano: Xúquer, en castelán: Júcar) é un río da conca mediterránea da Península Ibérica. Cunha lonxitude de case 500 km e unha conca de 23.000 km², é o maior curso fluvial que atravesa a Comunidade Valenciana.
Tipo | río río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | provincia de Cuenca, España, provincia de Albacete, España e provincia de Valencia, España | ||||
Final | |||||
Localización | Mar Mediterráneo | ||||
| |||||
Afluente | Lezuza River (en) , Río Huécar, Escalona River (en) , Gritos River (en) , Rio Albaida (pt) , Sellent River (en) , Río Cabriel, Río Magre, Valdemembra River (en) , Altarejos River (en) , Moscas River (en) | ||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Xúcar | ||||
Características | |||||
Dimensións | 509 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 22.436 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 49,22 m³/s | ||||
Curso
editarNace nos Montes Universales a 1.506 m de altitude, no sitio denominado Ojuelos de Valdeminguete, na provincia de Cuenca (Castela-A Mancha), e desemboca no mar Mediterráneo, na localidade de Cullera (Valencia), tras 497,5 km de percorrido.
O Xúcar, que segue un percurso xeral oeste-leste, corre pola parte oriental da Mancha até a confluencia co Cabriel (catalán Cabriol), pasa pola cidade de Cuenca e en Alarcón é retido no primeiro dos seus dous encoros principais. Despois de atravesar terras de Albacete entra no País Valenciano polo Vall de Cofrents, onde se encaixa entre os contrafortes de transición entre Mancha e a Ribera, circunstancia usada para o aproveitamento hidroeléctrico, cos encoros de Cofrentes, Cortes de Pallars e Millars. Entra na Ribera Alta, onde fica represado en Tous, e rega a extensa horta da Ribera a través de numerosas canles (séquies en catalán), como a Séquia Reial del Xúquer, algunhas das cales alimentan a Albufera de Valencia. Pasa por Alzira e, xa na Ribera Baixa, por Sueca e Cullera, onde desemboca.
Caudal irregular
editarO seu caudal é de 11 m³/s en Cuenca e 49 m³/s en Alzira. É moi irregular, presentando cheas en outono a causa de choivas torrenciais. Entre as máis fortes historicamente lémbrase a riada de San Francisco en 1864, con 13.000 m³/s; a recente de Tous en 1982 (rotura do encoro de Tous), con 16.000 m³/s, e máis a chea de novembro de 1987, con 5.200 m³/s, todas segundo medicións tomadas en Alzira.
Réxime fluvial
editarSó no seu curso alto presenta un réxime pluvio-nival, mentres que o resto dos tramos dependen das chuvias, de tipo mediterráneo.
Afluentes
editarOs principais afluentes do Xúcar son:
- Pola dereita:
- Cantabán,
- Escalona,
- Sellent,
- Río de Albaida, o máis importantes por esta beira.
- Pola esquerda:
Explotación
editarO Xúcar é usado intensamente para regadíos de horta no País Valenciano. No tramo final é mesmo usado para inundar os campos de arroz alí situados. Desde antigo as presas regulan o seu curso; cómpre sinalar, co ano de construción e a súa capacidade, de se coñecer o dato, as seguintes:
- Alarcón (1953), 1.112 hm³;
- Embarcaderos (1952), 9 hm³;
- La Toba (1935), 9,7 hm³;
- El Molinar (1951), 4 hm³;
- Cortes II (s.d.), 118 hm³;
- La Muela (s.d.), 20 hm³;
- El Naranjero (s.d.), 29 hm³;
- Tous (1996), 370 hm³;
- Millars (1935), 1 hm³;
- Picazo (1953), 91 hm³;
- Cofrents (s.d.), s.d.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Xúcar |