Río Cabriel
O Cabriel (en valenciano: Cabriol) é un río do leste de España, un dos principais afluentes do río Xúcar. Ten unha lonxitude de 220 km, unha conca de 4.754,2 km² e un caudal anual medio de 220,82 hm³.
Río Cabriel | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Nacemento | Muela de San Juan, Albarracín (Teruel) |
Lonxitude | 220 km |
Conca | 4.754,2 km² |
Caudal medio | 20,92 m³/s |
Desembocadura | Río Xúcar |
Nace ao pé da Muela de San Juan (Sistema Ibérico) no municipio de Albarracín, na provincia de Teruel. Segue polos municipios de Salvacañete, Alcalá de la Vega, Boniches, Campillos-Paravientos, Pajaroncillo, Villar del Humo, Cardenete, Enguídanos e Mira. A partir de aquí a canle do río serve de fronteira natural entre a provincia de Cuenca e a provincia de Valencia, ata chegar á paraxe dos Cárceres, onde fai de fronteira entre a provincia de Albacete e Valencia, entrando en Valencia por Casas del Río (Requena), e únese ao Xúcar na localidade de Cofrentes.
Os seus principais afluentes pola dereita son o río Laguna e o Guadazaón. Pola esquerda o río Vencherque, o río San Martín e o río de Mira.