Wikipedia:Votacións para borrar/Elisa Díaz
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: manter
Período de votación: 27-05-2018 - 09-07-2018
SI: 3 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: manter |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:Copyvio --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Borrar.--Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 11:52 (UTC)[responder]
- Borrar A maiores, non lle vexo relevancia enciclopédica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 15:02 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Fixen uns arranxos na redacción e engadín ligazóns e referencias, así como aumentei os contidos, así que acho que pode ser suficiente para manter o artigo. Hai outros artigos de científicas menos relevantes que esta que se manteñen, polo que creo que se pode facer o mesmo con este. Saúdos--Castelao (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 09:35 (UTC)[responder]
- Manter Cos arranxos de Castelao, queda un artigo moi digno. Eu creo que si que ten relevancia enciclopédica o artigo desta química galega exiliada. --Xas (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 15:35 (UTC)[responder]
Manter. --Atobar (conversa comigo) 16 de xuño de 2018 ás 18:26 (UTC)[responder]
- Manter; artigo relevante. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xuño de 2018 ás 07:14 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
ComentarioCon todo o meu aprecio e recoñecemento para as achegas feitas por Castelao, parafrasear un texto que ten problemas de autoría en primeira instancia (sumadas a unha feble fundamentación dos datos na tese orixinal) non soluciona o problema. En canto a relevancia ou non, se saímos a comparar tomando en conta outras entradas nun par de meses non queda en Galipedia nada en pé, polo que eu centraría o debate unicamente no corpo desta entrada e non sairía de aí. Eu tamén incorporei referencias no seu día e sigo a considerar que non é suficiente para solventar este problema. Se se decide manter hai varias partes que eu persoalmente eliminaría, ben porque Galipedia non é fonte primaria, ben porque segue a manter partes literais do texto orixinal da tese. A maiores non houbo resposta da primeira editora, bastante relevante no wikimaraton, como xa lle comentara a @Estevoaei: no seu día. Un saúdo --Maria zaos (conversa) 17 de xuño de 2018 ás 11:41 (UTC)[responder]
ComentarioCastelao e Maria zaos, se hai outros artigos que non teñen relevancia enciclopédica o que hai que facer é marcalos para borrar, así aumentaremos a calidade do proxecto, aínda que se reduza o número de artigos á metade. Hai que ter en conta que a Galipedia non é un conxunto de biografías de X persoas, nin cousas polo estilo, a Galipedia é unha enciclopedia, e aínda que os seus parámetros non sexan os mesmos que os dunha enciclopedia clásica, debemos ter esta idea sempre presente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2018 ás 00:09 (UTC)[responder]
ComentarioNon é por malmeter, todo o contrario, é por entender e intentar establecer un criterio uniforme que estea integrado no ensaio Wikipedia:Relevancia enciclopédica. Cal é a relevancia que hai neste artigo? Foi a primeira farmacéutica galega? foi a primeira investigadora galega de farmacia? descubriu algún fármaco? Que feito ou feitos indican que sexa relevante? É que non os vexo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2018 ás 07:50 (UTC)[responder]
Comentario O motivo da proposta non é a relevancia do artigo, é que tiña un aviso de violación dos dereitos de autor. Por min estupendo se considerades que ten relevancia enciclopédica, pero mentón habería que agachar as edicións que foron un copia-pega da ponte orixinal. Penso que o mellor sería borralo e despois se Castelao ou quen sea quere facelo de novo adiante, pero respectando sempre eses dereitos de autoría. --AMPERIO (conversa) 18 de xuño de 2018 ás 09:43 (UTC)[responder]