Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Curtis, Curtis
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Curtis, Curtis editar
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 11/7/2019 - 10/8/2019
SI: 1 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 11:29 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 11-07-2019 ata o 10-08-2019.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Completo artigo sobre a parroquia de Curtis amplamente mellorado por One2 con información detallada de xeografía, historia, demografía e patrimonio. Ben ilustrado e referenciado. Sería a primeira parroquia con distintivo de calidad da Galipedia. --Breogan2008 (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 11:29 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 11:29 (UTC)[responder]
- Concordo. --Cossue (conversa) 11 de xullo de 2019 ás 18:34 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 22 de xullo de 2019 ás 07:11 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 16:52 (UTC)[responder]
- Concordo --Chairego apc (conversa) 29 de xullo de 2019 ás 20:58 (UTC)[responder]
- Concordo -- Mgl.branco (conversa) 5 de agosto de 2019 ás 21:16 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Polo que expliquei en Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Curtis, Curtis, paréceme desproporcionado o tratamento dos "outros elementos" patrimoniais. O máximo que considero axeitado é poñer unha das fotos, o resto delas poden poñerse nunha páxina de galería de imaxes da parroquia ou na páxina da galería de imaxes do concello. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 10:39 (UTC)[responder]
- Discordo. Creo que o tratamento de moitos aspectos é próximo ao dun artigo de calidade, con todo hai outros que vexo frouxos:
- A sección de "Historia" está moi ben en liñas xerais, moita información para unha entidade moi pequena (oxalá as cidades galegas tiveran unha sección de historia como esta), o que me falta é algo de información a partir de 1950, de feito non se menciona a apertura do centro penitenciario de Teixeiro.
- Na sección de "Demografía" non acabo de ver o de poñer cadros para as poboacións de 2019 e 2020 xen que haxa datos, pode que sexa algo persoal, pero non o acabo de ver.
- A sección máis problemática do artigo, con todo, é precisamente a polémica do "Patrimonio". Penso que se podería facer unha introdución un pouco maior para o "Patrimonio arqueolóxico", indicando o estado da maioría dos xacementos (que supoño que é "sen escavar"). O tema das fotos dos fitos, a min tamén me parecen demasiadas, xa o expliquei, eu eliminaría catro delas (deixaría unha das dúas primeiras da galería). Para que a sección estea completa creo que debería presentar elementos de arquitectura relixiosa e civil (igrexas, pazos, muíños... no caso de os haber, que igresas dende logo hai).
- Persoalmente engadiría a sección do Camiño De Santiago a "Patrimonio" como "Patrimonio inmaterial".
- Para que o artigo estea completo debería contar cunha sección sobre a economía da parroquia, máis aínda cando esta presenta a maior actividade industrial (tampouco se fala do polígono industrial).
- En resumo, o artigo é un gran artigo que mesmo podería ser de calidade, mais estas carencias fan que o artigo non sexa completo (criterio 1.2) e polo tanto non creo que poida ser promocionado a bo. Se o artigo contara con todos estes aspectos seguramente votaría a favor aínda que non fora tan completo nas seccións iniciais, pero creo que varias das carencias que ten son de elementos esenciais. Na miña opinión deixaríao sen a estrela de prata, esperaría a que se incluíran estas cousas e o proporía para artigo de calidade e non para bo. Felicitar a One2 polo traballo, e animalo a engadir estes contidos e a presentalo para artigo de calidade. Pode que se me pasara algo, xa que a avaliación foi un pouco superficial. Un saúdo e grazas polo traballo, Piquito (conversa) 31 de xullo de 2019 ás 21:37 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
-
- Comentario Quizais habería que ampliar a introdución, de xeito que fose un resumo do que despois desenvolve o texto do artigo. Por exemplo, mencionando o paso do Camiño do Norte a pertenza á Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo etc. --. HombreDHojalata.conversa 12 de xullo de 2019 ás 09:27 (UTC)[responder]
- Comentario: Elisardojm, desproporcionado pode ser chantarlle negativo porque haxa (literalmente) 4 imaxes de máis. One2 (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 18:27 (UTC)[responder]
- One2, paréceme que o teu comentario non é moi educado, por favor, revisa o que se indica en Wikipedia:Civismo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 21:22 (UTC)[responder]
- Elisardojm, non creo que o meu comentario sexa maleducado por ningures. Pode ser directo, éo de feito, pero non chega a máis. Sen dúbida podería ser reformulado, estenderme máis tentando explicar que non me parece axeitado votar negativo porque poidan sobrar 4 imaxes, mais non creo que pague a pena. Un comentario rápido pra expresar o meu desacordo, iso é o que é. E polo que a min respecta, deixo aquí este tema. One2 (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 22:08 (UTC)[responder]
- One2, aquí a xente discorda por motivos moi variopintos, eu teño feito moitas propostas e teño visto moitos argumentos: xente que non apoiaba propostas porque tiñan moitas ligazóns internas vermellas, xente que discordaba porque había moitas bibliografía, porque consideraba que a maquinación non era boa, polos formatos das referencias, mesmo hai xente que vota en contra e non dá explicación (nin cando lle preguntas que viu que pode ser mellorable)... eu podo non concordar con eles, pero non me queda outra que aceptalo e se podo solucionar os problemas (normalmente non podo por falta de tempo que se suma a que quero facer demasiadas cousas aquí para o tempo que lle adico), recoméndocho por experiencia propia, certamente non te vai conducir a nada bo. A mina opinión persoal é que sobran fotos de fitos (un elemento que para min tampouco é de valor estético), deixaria unha foto (a máis chula ou significativa, tanto ten), pero cinco imaxes de cinco elementos sen valor arquitectónico (para min, ollo, eu vexo as fotos e parécenme a mesma cousa con máis ou menos pintura e con distintas cores). O que si creo que lle falta ao artigo nesa sección é incluír a arquitectura relixiosa, e se é o caso, falar de algunha construción destacada que poida haber (pazo, muíño, hórreo... se é o caso, que non o sei). Elisardojm, certamente non vexo tanta cousa no comentario de One2 como para que o mandes revisar a política de civismo, creo que é unha simple opinión, se lle parece desproporcionado é o que pensa... pero non é ofensivo. Piquito (conversa) 12 de xullo de 2019 ás 22:47 (UTC)[responder]
- Moitas grazas polo teu comentario, Piquito. Si, o artigo a verdade é que aínda pode ser ampliado bastante. Espero seguir mellorándoo. One2 (conversa) 15 de xullo de 2019 ás 18:56 (UTC)[responder]

- Comentario Boas Piquito, agradézoche os ánimos e comento un pouco a túa avaliación non tan superficial.
- A partir dos 50 (ou 40) o que falta é sobretodo a chegada da industria: Llofar, Sidegasa e o polígono (como ben dis). O cárcere pódese (e débese) mencionar, aínda que en realidade non está na parroquia.
- Pois si, agora que o dis… nin se me pasou pola cabeza. O que si que pensei foi en simplificar a estrutura e que cada século non sexa unha subsección. Púxeno así nun primeiro momento mais creo que non é necesario.
- A verdade é que aínda faltan certas seccións como o patrimonio civil e relixioso, ou mesmo as festas, que neste tipo de artigos son imprescindíbeis. É ademais por iso polo que non votei. E insisto en que os fitos tampouco son tantos
- Xuraría ter visto algún tipo de argumento nalgures sobre pór o Camiño de Santiago despois de Patrimonio, pero agora non o atopo.
- A sección de economía non é doada xa que case sempre se fala do concello, aínda que seguro que algúns datos se han poder tirar!
- En fin, que vou aos poucos para facelo un artigo de calidade. Saúdos One2 (conversa) 5 de agosto de 2019 ás 20:29 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘Grazas polas aclaracións One2.
- Primeiro de todo, dei por suposto que o cárcere estaba na parroquia, engañeime e visto o visto non creo que proceda unha mención no artigo máis aló dunha pequena aclaración que indique que malia ser coñecida polo nome de Teixeiro non se encontra na parroquia.
- Este punto tampouco é que sexa importante, só o apuntaba porque me chamou a atención que houbera dous espazos en branco.
- Concordamos neste punto... pero non no dos fitos LOL
- Neste tema non me meto, tampouco votaría en contra simplemente por iso, era unha simple observación de como creo que debería estar, pero ben podo estar errado.
- Si, é unha sección complexa para unha parroquia, pero creo que con indicar que esta parroquia é o principal motor económico do concello e citar o polígono e o tipo de actividades económicas do mesmo, o feito de que sexa o centro administrativo do concello supoño que tamén acuda a que haxa unha maior cantidade de persoas residentes que traballen para a administración, ao ser a parroquia máis "urbana" tamén será a que teña máis sector servizos... non sei ata que punto todo iso (que aparentemente resulta lóxico) é referenciable... o da importancia industrial estou seguro de que si, do resto non digo nada e pode que mesmo esa sección sexa imposible e haxa que meter o pouco que se poida atopar dentro doutra como a da historia... non sei...
Máis nada, grazas polo teu traballo e oxalá nun futuro o vexamos proposto para calidade, e por que non o artigo do concello ;) Saúdos, Piquito (conversa) 6 de agosto de 2019 ás 23:36 (UTC)[responder]