Waroch II ou Guérech (en bretón: Gwereg), finado en 594, tamén escrito Waroc e Waroc'h, foi rei de Bro Waroch (Broërec ou Bro-Erec) ao suroeste de Armórica, fillo de Macliau e neto de Waroch I.

Infotaula de personaWaroch II
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Morte594 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
PaiMacliau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Foi rei entre 577 e 594, Waroch gobernou a rexión dos vénetos e a súa capital Vennetium (antigo nome de Gwened/Vannes). Parece que o título dado polos francos era o de conde e non o de rei. Por convención, para distinguilo do seu avó, é designado como Waroch II.

Traxectoria editar

O 578 Waroch apoderouse de Vannes e impuxo o seu dominio sobre o Bro Waroch (Broëcrec); Khilperico reaccionou e asentou un exército en Turena, Bayeux (Bessin), Maine, Anjou e Poitou. Os continxentes saxóns de Bessín foron derrotados polos bretóns no río Vilaine, daquela fronteira da Bretaña. Waroch pediu a paz e obtivo a Vannes mediante o pagamento dunha homenaxe anual, garantida polo seu fillo entregado como refén. Máis tarde enviou a Khilperico ao bispo Eunius ou Eunio de Vannes para denunciar o tratado, e o bispo foi desterrado polo rei dos francos [1].

O ano seguinte Waroch invadiu o país de Rennes. Eunio de Vannes, liberado, foi enviado a Angers para negociar un acordo. O duque franco Beppoleno asolou Bretaña, o que provocou unha nova invasión dos bretóns que saquearon o Bro Roazhon (Pas de Roazhon/Rennes) e o Bro Naoned (País de Nantes), apropiándose da colleita. O bispo Félix de Nantes intentou en van interpoñerse[1].

O 587 Waroch invadiu de novo o Bro Naoned. Os reis Gontrán e Clotario II enviaron emisarios, entre eles Namacio, bispo de Orleans, e Bertrán, bispo de Le Mans, e concluíuse un acordo. Os xefes bretóns Waroch e Iudmaël comprométense a pagar 1000 soldos de indemnización a cada un dos reis; Pero Waroch apoderouse da vendima e levou o viño a Vannes. Gontrán ameazaba con enviar un exército, pero non fixo nada[1]

Waroch atacou de novo a Bro Roazhon ou Bro Naoned en 590. Esta vez, Gontrán enviou tropas dirixidas polos duques Beppoleno e Ebracario, que pasaron o río Vilaine e avanzaron cara ao río Oust. Fredegunda enviou en axuda dos bretóns aos saxóns de Bessin e Beppoleno resultou morto despois de tres días de combates en pantanos. Porén Ebracario, co groso das tropas, avanzou cara a Vannes. O bispo da cidade, Regalis, abriulle as portas. Waroch intentou escapar por mar, pero a tormenta destruíu a súa frota cargada de botín, e someteuse a Ebracario, que tamén obtivo xuramento de fidelidade ao rei franco do bispo e dos habitantes rurais do país de Vannes, que sufrían o xugo dos bretóns. Waroch deu ao seu sobriño como refén en compromiso da súa submisión ao rei franco, pero o seu fillo Canao atacou a retagarda do exército franco en retirada (os "inferiores e os pobres") cando pasaban o río Vilaine. Os que non foron asasinados ficaron reducidos á escravitude. Algúns despois recibiron a liberdade da muller de Waroch. O resto do exército franco, que temía as represalias da xente dos países que destruíran na primeira etapa, regresou por Anjou ata as pontes do río Maine, e logo saqueou a Turena. Os superviventes xustificáronse perante Gontrán acusando a Ebracario e ao conde Wiliacario de vender a retirada do exército a Waroch. O rei fixo matar ao duque cando se presentou e o conde preferiu a fuxida[1]

Waroch e o seu fillo, talvez por petición de Fredegunda, saquearon de novo as dioceses de Nantes e Rennes no 593. Khildeberto II enviou contra eles un exército que librou no 594 unha batalla contra eles da que o resultado parece ser favorábel aos bretóns. Fredegario é o único que a menciona para dicir: "Houbo unha gran matanza das dúas nacións». Despois deste episodio, Waroch e o seu fillo deixan de ser mencionados polos analistas francos ou bretóns[2].

Xenealoxía editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Waroch I
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Conomor
Conde de Poher
 
Santa Tréphine
 
Macliau
Bispo de Vannes
Rei de Bro Waroch
 
Canao I
Rei de Bro Waroch
 
Neno
 
Neno
 
Neno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
San Trémeur
 
Waroc'h II
Rei de Bro Waroch
 
Xacobe
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Canao II
rei de Bro Waroch (?)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ferdinand Lot, Naissance de la France, Arthème Fayard, París, 1948, en liña en [1]
  2. Prosper Jean Levot, Biographie bretonne, Cauderan, 1857, en liña en [2]