Fredegario

Fredegario[Cómpre referencia] ou Fredegar[Cómpre referencia] foi un importante cronista franco, morto contra o ano 660 e coñecido pola súa obra Crónica de Fredegario, composta por cinco libros e redactada probabelmente entre os anos 658 e 660 en Austrasia, e que é a principal fonte primaria dos acontecementos da Europa Occidental do século VII. As raíces de moitas institucións da Idade Media están no século VII.

Fredegario
Nacementoséculo VIIxuliano
Falecementoc. 660
NacionalidadeReino franco
Ocupaciónhistoriador e escritor
editar datos en Wikidata ]

A obraEditar

A crónica de Fredegario é unha historia universal, comezando coa creación, e alcanza a súa época no libro IV, onde se concentra o interese dos historiadores, xa que é fundamental para o coñecemento dos reinos francos pola súa relación de feitos entre os anos 561 e 641. Parece un feito certo para todos os historiadores que Khildebrando (medio irmán de Carlos Martel) e o seu fillo Nibelungo redactaron as últimas partes.

Aínda que o relato se centraliza sobre todo na historia dos reinos merovinxios, tamén abarca os ostrogodos, longobardos, visigodos e o Imperio bizantino.

Asócianse a esta crónica tres continuacións. Os seus continuadores estenderon a liña do tempo narrado até o século VIII. As continuacións engadíronse sucesivamente en 736, 751 e 768. A primeira retoma unha versión austrasiana do Liber Historiae Francorum que se prolonga até 736. A segunda cobre o período entre 736 e 751. E a terceira conta os feitos acaecidos durante o reinado de Pipino o Breve até a chegada dos seus fillos Carlomán e Carlomagno, en 768.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Collins, Roger (1991): Early Medieval Europe 300-1000. Londres: MacMillan.
  • Fredegarius, Scholasticus, 1888. Fredegarii Scholastici libri IV cum Continuationibus. In: Fredegarii et aliorum chronica. Vitae sanctorum (generis regii). Ed.: Bruno Krusch. (Hannover: MGH SS rer. Merov. I, 2: II)
  • Wallace-Hadrill, J. M. (tradutor) (1960): The Fourth Book of the Chronicle of Fredegar with its Continuations. Connecticut: Greenwood Press.
  • Wallace-Hadrill, J. M. (1957): The Barbarian West. Londres: Hutchinson.

Ligazóns externasEditar