William E. Metcalf

numismático estadounidense
(Redirección desde «W. E. Metcalf»)
Non confundir co numismático británico Michael Metcalf

William Edwards Metcalf, nado o 16 de decembro de 1947, é un numismático estadounidense e historiador da Antigüidade, experto na moeda da Antiga Roma e, máis concretamente, na moeda provincial romana.[1][2]

William Edwards Metcalf
Datos persoais
Nacemento16 de decembro de 1947
LugarEast Grand Rapids
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos.
Actividade
CampoNumismática.
Alma máter Universidade de Míchigan.
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de moeda provincial romana.
Premios(2008): Jeton de Vermeil (SNF).
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Metcalf cursou os seus estudos universitarios na Universidade de Míchigan: primeiro graduouse en Latín (Bachelor of Arts) en 1969, con distinción honorífica; logo en Estudos Clásicos (Master of Arts) en 1970, e finalmente acadou o doutoramento, tamén en Estudos Clásicos, en 1973. Nesa universidade tivo profesores como o eminente numismático T. V. Buttrey.[1][2][3]

En canto obtivo o grao de doutor, ingresou como conservador axudante de moeda romana e de moeda bizantina na American Numismatic Society (ANS), en Nova York, posto que ocupou ata 1975, cando foi ascendido a conservador asociado. En 1978 pasou a ser conservador xefe adxunto e, finalmente, en 1979 foi nomeado conservador xefe, sucedendo no posto a Margaret E. Thompson, onde permaneceu ata 2000. A partir dese momento foi conservador honorario e membro permanente da ANS.[1][3]

Metcalf foi tamén profesor visitante, adxunto ou asociado en diversas institucións académicas de prestixio, como a Universidade de Columbia, a Universidade de Princeton, a Universidade de Padua, o Bryn Mawr College (Pensilvania), a Universidade Rutgers (Nova Jersey) ou a Universidade de Nova York.[1][2][3]

No ámbito universitario, foi tamén conservador de moedas e medallas na Universidade Yale e profesor adxunto de Estudos Clásicos nesa mesma universidade en 2002. En 2007, o posto de conservador en Yale tomou o nome honorífico de Ben Lee Damsky, e Metcalf ocupouno ata o seu retiro en 2014.[1][3]

William E. Metcalf forma parte do conselloe ditorial da revista numismática suíza Schweizerische Numismatische Rundschau.[4]

Recoñecementos editar

En 2008, o Archaeological Institute of America elixiuno como protagonista da súa tradicional serie anual de conferencias.[8]

A Sociedade Numismática Austríaca nomeouno membro de honra.[9]

Ademais, en 2018, a American Numismatic Society editou na súa honra unha publicación conxunta titulada Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf.[10][11][12]

Publicacións editar

Ao longo da súa traxectoria académica, William E. Metcalf foi autor de numerosas publicacións, entre libros e artigos en revistas especializadas.[2][13] Esta é unha escolma das monografías máis salientables das publicadas por William E. Metcalf ao longo da súa traxectoria académica:[2][14]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018). Páxinas vii, viii.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Curriculum Vitae of William E. Metcalf Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Yale University Art Gallery.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "ANS Record Group 2: Curatorial. Series 18: William E. Metcalf curator correspondence". American Numismatic Society.
  4. "Editorial Board". Schweizerische Numismatische Gesellschaft.
  5. "William E. Metcalf". Institute for Advanced Study.
  6. "Fellows: Dr William Metcalf Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Society of Antiquaries of London.
  7. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  8. "William E. Metcalf Lectures In Numismatics". Archaeological Institute of America.
  9. "Ehrenmitglieder". Österreichische Numismatische Gesellschaft.
  10. Elkins, N. T.; Evans, J. D. (eds.) (2018).
  11. "[https://coinsweekly.com/concordia-disciplinarum-festschr ift-in-honor-of-william-e-metcalf/ Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf]". En Coins Weekly. 12 de setembro de 2019.
  12. "Concordia Disciplinarum: Essays on Ancient Coinage, History and Archaeology in Honor of William E. Metcalf". American Numismatic Society.
  13. "Metcalf, William Edwards Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  14. "Metcalf, William E.". WorldCat.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar