Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar
O Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar ou Voivodato serbio e Banato de Temesvar, tamén Voivodato serbio e Banato de Tamiš, foi unha provincia (ducado) do Imperio austríaco que existiu entre 1849 e 1860.
Woiwodschaft Serbien und Temescher Banat (de) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Timișoara | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1849 | |||
Disolución | 1860 | |||
Sucedido por | Imperio Austríaco | |||
Era un territorio da coroa, separado, formado por dúas antigas provincias: a Voivodina serbia e o Banato de Temesvar.
O seu antigo territorio está hoxe dividido entre Serbia, Romanía e Hungría.
O Voivodato deu o seu nome á actual Provincia Autónoma de Voivodina, en Serbia.
Nomes
editarEn alemán, o Voivodato coñecíase como Woiwodschaft Serbien und Temescher Banat ou Die serbische Wojwodschaft und das temeser Banat, en serbio como Војводство Србија и Тамишки Банат / Vojvodstvo Srbija i Tamiški Banat ou Српска Војводовина и Тамишки Банат / Srpska Vojvodovina i Tamiški Banat, en húngaro como Szerb Vajdaság és Temesi Bánság, e en romanés como Voivodina Sârbeascǎ şi Banatul Timişoarei.
En varias fontes (tanto serbias como alemás) aparecen dúas variantes do nome do voivodato, unha como Voivodato de Serbia e do Banato de Temesvar e a outra como Voivodina serbia e Banato de Temesvar (como se pode ver arriba).
Historia
editarO Voivodato foi formado por decisión do emperador austríaco en novembro de 1849, despois das Revolucións de 1848/1849.
Foi formado de acordo cos privilexios concedidos aos serbios polo emperador Habsburgo en 1691, recoñecendo o dereito dos serbios a unha autonomía territorial dentro da Monarquía dos Habsburgo. Consistía nas rexións do Banato, Bačka e os municipios de Ilok e Ruma, do norte de Sirmia (véxase mapa adxunto).
Un gobernador austríaco con sede en Temeswar (Tamiš en serbio, Timişoara en romanés) gobernaba o principado, e o título de voivoda pertenía ao propio emperador. O título completo do emperador era "Gran Voivoda do Voivodato de Serbia" (en alemán: Großwoiwode der Woiwodschaft Serbien). Incluso despois da abolición do Voivodato, o emperador retivo este título até o final da Monarquía Austrohúngara en 1918.
En 1860, o Voivodato de Serbia e Banato de Timisoara foi abolido e a maioría do seu territorio (Banato e Bačka) foi incorporado ao reino de Hungría dos Habsburgo, aínda que o goberno directo húngaro non empezou até 1867, tras o Compromiso Austrohúngaro, cando o reino de Hungría gañou autonomía dentro da nova monarquía dual Austrohúngara.
A diferenza do Banato e Bačka, en 1860 Sirmia foi incorporada ao reino de Eslavonia, outro territorio separado da coroa austrohúngara. O reino de Eslavonia, despois, uniuse ao reino de Croacia para formar o novo reino de Croacia-Eslavonia, que fixo un pacto co reino de Hungría en 1867, converténdose así nunha parte autogobernada do reino de Hungría dentro do Imperio Austrohúngaro
Linguas
editarAs dúas linguas oficiais do Voivodato eran o alemán e o ilirio (que despois se convertería no serbocroata).
Grupo étnicos
editarO Voivodato era etnicamente moi diverso, coas partes meridionais de Sirmia, o Banato e Bačka con asentamentos compactos serbios non incluídas nel (formaban parte da Fronteira Militar); mentres no Banato oriental, con maioría romanesa, si estaba incluído.
1846
editarDe acordo co censo de 1846, o territorio que formaba o voivodato incluía:[1]
- Valacos (Romaneses) = 417.000
- Serbios = 402.000
- Alemáns = 352.000
- Húngaros = 233.000
- Eslovacos = 27.000
- Búlgaros = 24.000
- Xudeus = 16.000
- Romanís = 12.000
- Rusinos (Rutenos) = 7.000
- Croatas = 3.000
- Gregos = 3.000
1850/51
editarDe acordo co censo de 1850/51, a composición étnica do voivodato era a seguinte:[2]
- Romaneses = 347.459
- Alemáns = 335.080
- Serbios = 321.110 (*)
- Húngaros = 221.845
- Bunjevci e Šokci = 62.936 (*)
- Rusinos (Rutenos) = 39.914
- Eslovacos = 25.607
- Búlgaros = 22.780
- Xudeus = 15.507
- Romaneses = 11.440
- Checos = 7.530
- Croatas = 2.860 (*)
- Gregos e aromunes = 2.820
(*) O número total de ilirios eslavos (serbios, bunjevci, šokci, e croatas) era de 386.906.
De acordo con outra fonte, en 1850/1851, a poboación do voivodato ascendía a 1.426.221 habitantes, incluíndo:[3]
- 397.459 (27,87 %) Romaneses
- 335.080 (23,49 %) Alemáns
- 321.110 (22,52 %) Serbios
- 221.845 (15,56 %) Húngaros
1860
editarEn 1860, a poboación do voivodato ascendía a 1.525.523 habitantes, incluíndo:[4]
Relixión
editar1851
editarEn 1851, a poboación do voivodato ascendía a 1.426.221 habitantes, que profesaban as seguintes relixións:[1]
- Cristiáns ortodoxos = 694.029 (48,66 %)
- Católicos = 624.839 (43,81 %)
- Evanxélicos-Luteráns = 51.724 (3,63 %)
- Evanxélicos-Reformados = 26.621 (1,87 %)
- Xudeus = 16.252 (1,14 %)
- Gregos católicos e católicos armenios = 12.756 (0,89 %)
1857
editarEn 1857, a poboación do voivodato ascendía a 1.526.105 habitantes, que declaraban profesar as seguintes relixións:[1]
- Católicos = 698.189 (45,75 %)
- Cristiáns ortodoxos = 691.828 (45,33 %)
- Evanxélicos-Luteranos = 56.871 (3,73 %)
- Evanxélicos-Reformados = 29.281 (1,92 %)
- Gregos católicos e católicos armenios = 26.244 (1,72 %)
- Xudeus = 23.203 (1,52%)
- outros = 489 (0,03 %)
Divisións administrativas
editarNun principio, o Voivodato foi dividido en dous distritos:
Máis tarde, en cinco:[5]
- Lugoj (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 229.363 habitantes, incluíndo: 197.363 romaneses, 21.179 alemáns, 8.305 búlgaros, 1.505 húngaros e 612 serbios)
- Timişoara (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 316.565 habitantes, incluíndo: 159.292 romaneses, 101.339 alemáns, 34.263 serbios, 12.412 húngaros, 3.664 búlgaros, 2.307 šokci e 1.650 eslovacos)
- Torontal (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 388.704 habitantes, incluíndo: 126.730 alemáns, 124.111 serbios, 60.781 húngaros, 58.292 romaneses, 11.045 búlgaros, 3.752 croatas, 2.562 eslovacos e 1.421 xudeus)
- Novi Sad (En 1850, a poboación do distrito ascendía a 236.943 habitantes, incluíndo: 100.382 serbios, 45.936 alemáns, 30.450 húngaros, 20.683 eslovacos, 13.665 šokci e 2.098 xudeus)
- Sombor
Gobernantes
editarGrandes Voivodas
editar- Francisco Xosé I, (1849–1916).
- Carlos I, (1916–1918).
- Nota: o voivodato foi abolido en 1860, pero o emperador Francisco Xosé retivo o título de voivoda até a súa morte en 1916, e o título foi herdado polo último emperador Habsburgo Carlos I.
Gobernadores
editar- Ferdinand Mayerhofer, gobernador (1849–1851).
- Johann Coronini-Cronberg, gobernador (1851–1859).
- Josip Šokčević, gobernador (1859–1860).
- Karl Bigot de Saint-Quentin, gobernador (1860).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lazo M. Kostić, Srpska Vojvodina i njene manjine, Novi Sad, 1999.
- ↑ Sima M. Ćirković, Srbi među evropskim narodima, Beograd, 2004.
- ↑ Dejan Mikavica, Srpska Vojvodina u Habsburškoj Monarhiji 1690-1920, Novi Sad, 2005.
- ↑ Dr Milenko Palić, Srbi u Mađarskoj - Ugarskoj do 1918, Novi Sad, 1995, páxina 285.
- ↑ Drago Njegovan, Prisajedinjenje Vojvodine Srbiji, Novi Sad, 2004.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Clewing, Konrad: "Die doppelte Begründung der serbischen Wojwodschaft 1848–1851. Ethnopolitik im Habsburgerreich" in Konrad Clewing & Oliver Jens Schmitt (2005): Südosteuropa. Von vormoderner Vielfalt und nationalstaatlicher Vereinheitlichung. München: Verlag Oldenbourg. ISBN 3-486-57888-X
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Títulos dos emperadores de Habsburgo (en alemán), (en inglés) Consultada o 19/1/2012.
- Mapa
- Mapa Arquivado 08 de marzo de 2022 en Wayback Machine.