Vladimir Nazlymov

esgrimista soviético

Vladimir Nazlymov (en ruso: Владимир Назлымов), nado en Makhachkala o 1 de novembro de 1945, é un tirador e adestrador de esgrima ruso, gañador de seis medallas olímpicas coa Unión Soviética.

Vladimir Nazlymov
Nacemento1 de novembro de 1945
Lugar de nacementoMahackala
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterDagestan State Pedagogical University
Ocupaciónesgrimista
PremiosOrde da Amizade dos Pobos, Medal "For Distinguished Labour", Medal "For Labour Valour" e Mestre Honorário de Desportos da União Soviética
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a practicar esgrima desde moi novo, o seu primeiro adestrador foi Gaik Kazaryan. Debido ás súas cualidades deportivas mentres facía o servizo militar obrigatorio puxérono nun réxime especial que lle permitía practicar a esgrima no Club Central do Exército Soviético en Moscova, chegando a adquirir o grao de coronel do Exército Vermello. Aos 22 anos participou nos Xogos Olímpicos de 1968 celebrados en México, gañando a medalla de ouro na proba de sabre por equipos a máis de finalizar cuarto na proba individual. En 1970 gradouse no Instituto Pedagóxico do Daguestán, especializándose en educación física, na modalidade de esgrima. Nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic fíxose coa medalla de prata na proba con equipos e a de bronce na individual. Nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal volve de novo a facerse coa de ouro na proba por equipos e a de prata na individual. Finalmente nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova revalidou o ouro na proba por equipos e finalizou oitavo na individual.

Ao longo da súa carreira gañou quince medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, dez delas de ouro (8 por equipos e 2 individuais). Na década de 1980 foi árbitro en competicións internacionais de esgrima. Foi primeiro adestrador do equipo militar soviético de esgrima e de 1986 a 1988 foi o primeiro adestrador do equipo da Unión Soviética. En 1991 trasladouse aos Estados Unidos, foi profesor de esgrima nun Instituto de Kansas City e fundou un club de esgrima na cidade (1992) e foi capitán da selección norteamericana de esgrima nos Campionatos do Mundo e na Universiada en 1995 e 1997 e adestrador de sabre equipo nacional entre 1994 e 1999. En 1999 aceptou adestrar o equipo de esgrima da Ohio State Buckeyes, pertencente á Universidade Estatal de Ohio

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar