Vittore Pisani, nado en Roma o 23 de febreiro de 1899 e morto en Como o 22 de decembro de 1990, foi un glotólogo italiano.

Modelo:BiografíaVittore Pisani
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de decembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Como, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística, toponimia, filoloxía, xermanística, Indoeuropeística e filoloxía xermánica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Florencia
Cagliari
Milán Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, xermanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cagliari (pt) Traducir
Universidade de Florencia
Universidade de Milán Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosEmanuele Banfi (en) Traducir e Roberto Gusmani Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пизани Витторе)
Enciclopedia soviética armenia, volume 9, (p.292) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1072143

Traxectoria

editar

Formación e primeiros estudos

editar

Sen unha preparación clásica adecuada (aprendeu de maneira autodidacta o grego e a mesma glotoloxía[1]), en 1916 inscribiuse na Facultade de Letras da Sapienza para o curso de doutoramento en Filoloxía clásica[2] e doutorouse en 1921 co helenista Nicola Festa[3] cunha tese sobre Helena de Eurípides[4]. Tras o doutoramento estudou, tamén como autodidacta, o sánscrito[1] e en 1923, por suxestión dun amigo sanscritista, mercou nunha librería de vello de Roma unha copia da Vergleichende Grammatik do fundador da indoeuropeística, Franz Bopp[2]. Entrou así en coñecemento da lingüística indoeuropea, ou "indeuropea", como prefería dicir, e comezou a estudar os distintos aspectos relativos ás culturas expresadas nas linguas indoeuropeas.

Actividade académica e investigadora

editar

En 1930 obtivo o permiso de docencia en Glotoloxía e en 1933 foi profesor encargado de Historia comparada das linguas clásicas na Universidade de Florencia; en 1935 docente extraordinario de Glotoloxía na Universidade de Cagliari e finalmente, de 1938 a 1964, ordinario na Estatal de Milán; desde 1939 é socio correspondente do Instituto lombardo de ciencias e letras, e converteuse en membro efectivo en 1952[5]. En 1946 fundou a revista Paideia[6] e o ano seguinte o Sodalizio glottologico milanese[5], que promoveu varios convenios internacionais. En 1969 foi socio correspondente da Accademia Nazionale dei Lincei. Colaborou na Enciclopedia Italiana na sección de lingüística[7]. En 1985 adxudicáronlle o Premio Feltrinelli polos seus méritos filolóxicos e lingüísticos.

Nome destacado da lingüística italiana do século XX, na súa escola formáronse numerosos estudosos que acadaron importantes cátedras en Italia e no estranxeiro. Morreu no Hospital Sant’ Anna de Como o 22 de decembro de 1990, cando se convertera por idade no decano dos lingüistas italianos que vivían daquela[2].

Obras principais

editar
  • Grammatica dell'antico indiano (1930-1933).
  • Geolinguistica e indoeuropeo (1939).
  • Storia delle letterature antiche dell'India (1954).
  • Indoeuropeo ed Europa (1974).
  • Lingue preromane d'Italia: origini e fortune (1978).
  • Lezioni sul lessico inglese, Paideia Editrice, Brescia, 1967, 1976 (segunda edición).
  • Manuale storico della lingua greca, Paideia Editrice, Brescia, 1973, 1947 (primeira edición, Sansoni, Florencia)

A bibliografía completa das publicacións de Vittore Pisani foi recollida por en Ciro Santoro, Maria Teresa Laporta, Vittore Pisani glottologo (1899-1990). Bibliografia degli scritti, Galatina, Congedo, 1991.

  1. 1,0 1,1 Carlo Alberto Mastrelli, In memoria di Vittore Pisani, p. 5.
  2. 2,0 2,1 2,2 Vittore Pisani (Roma 1899-Como 1990), necroloxía en "Kratylos", vv. 35-6 (1990).
  3. Mastrelli, p. 1.
  4. Cfr. Vittore Pisani, Elena e il suo ΕΙΔΩΛΟΝ, in "Rivista di Filologia e di istruzione classica", 56, 1928, pp. 491-99.
  5. 5,0 5,1 "Roberto Giacomelli, L’insegnamento della glottologia dalla fondazione al 1980". Consultado o 14 de outubro de 2009. 
  6. "Ficha na páxina da revista". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2012. Consultado o 14 de outubro de 2009. 
  7. Giovanni Gentile, Giovanni Gentile e il Senato: carteggio, 1895-1944, "p. 495, nota 11". Consultado o 14 de outubro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Vittore Pisani (Roma 1899-Como 1990), necroloxía en "Kratylos", vv. 35-6 (1990).
  • Carlo Alberto Mastrelli, In memoria di Vittore Pisani, en "Archivio glottologico italiano", LXXVII (1992).
  • Giovanni Gentile, Giovanni Gentile e il Senato: carteggio, 1895-1944, a cargo de Emilia Campochiaro, Lucia Pasquini, Alessandra Millozzi, Rubbettino, 2004.

Ligazóns externas

editar