Vilosidade intestinal

As vilosidades intestinais[1] ou villi intestinais (en singular villus) son pequenas proxeccións con forma de dedo que se estenden no lume do intestino delgado desde a mucosa da parede gastrointestinal. Nos humanos cada vilosidade mide aproxinmadamente 0,5–1,6 mm de lonxitude, e na súa superficie ten numerosas proxeccións microscópicas chamadas microvilosidades (microvilli) que se proxectan desde os enterocitos que forman o seu epitelio, formando en conxunto o que se chama un bordo estriado ou bordo en cepillo. As microvilosidades teñen aproximadamente 1 µm de lonxitude, polo que son unhas mil veces máis curtas que as vilosidades. As vilosidades intestinais son moito máis pequenas que os outros grandes dobramentos que se encontran na parede interna intestinal chamadas válvulas conniventes ou de Kerkin.

Vilosidade intestinal (na parede gastrointestinal do intestino delgado)
Micrografía da mucosa do intestino delgado que mostra as vilosidades (metade superior da imaxe). Tinguidura de hematoxilina-eosina
Corte transversal de duodeno de gato. X 60.
Latín villi intestinales
Sistema Sistema dixestivo

As vilosidades incrementan a área da superficie interna da parede intestinal proporcionando unha moita maior superficie para a absorción. Unha maior área de absorción e a finura das súas paredes son útiles porque os nutrientes dixeridos (monosacáridos, aminoácidos, ácidos graxos) pasan ás vilosidades impermeables por difusión, a cal é efectiva só a curtas distancias. Por tanto, un incremento da superficie (en contacto co fluído do lume) diminúe a distancia que teñen que atravesar as moléculas de nutrientes, ao que incrementa a difusión. Os villi levan no seu interior capilares sanguíneos e vasos linfáticos (quilíferos) para facilitar a absorción, e estes están conectados a outros vasos que incorporan os nutrientes á circulación sanguínea xeral.

Función editar

As vilosidades e microvilosidades incrementan a superficie de absorción intestinal aproximadamente entre 40 e 600 veces, respectivamente, proporcionando unha capacidade de absorción excepcionalmente eficiente dos nutrientes que están no lume intestinal unha vez dixerida a comida.[2]

Existen tamén algúns encimas dixestivos na superficie dos enterocitos das vilosidades, que axudan á dixestión. Os capilares que conteñen as vilosidades recollen os aminoácidos e azucres simples absorbidos e lévanos ao torrente circulatorio sanguíneo. Os vasos quilíferos (linfáticos ou lacteais) das vilosidades absorben os lípidos que quedan incluídos en partículas esféricas chamadas quilomicróns, que son lipoproteínas compostas de triglicéridos, colesterol e proteínas anfipáticas, e son levados polos vasos linfáticos, os cales desembocan finalmente no sangue.

As vilosidades están especializadas na absorción no intestino delgado, xa que teñen unha parede fina dunha soa célula de grosor, o que permite unha curta distancia de difusión. Teñen tamén un rico rego sanguíneo para manter un gradiente de concentración.[3]

 
Estrutura dunha viloidade intestinal (ver referencia no texto).

Importancia clínica editar

Atrofia vilosa editar

 
Diferentes estadios da enfermidade celíaca.

En enfermidades do intestino delgado as vilosidades poden quedar esmagadas debido aos efectos de inflamacións, e ás veces poden desaparecer. Esta deterioración denomínase atrofia vilosa e a miúdo é unha característica da enfermidade celíaca.[4]

Estrutura editar

Os enterocitos, xunto coas células caliciformes, son os tipos principais de células do epitelio das vilosidades do intestino delgado.[5]

Microanatomía editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vilosidade.
  2. "Digestion: Digestive System, Enzymes, Absorption in the Small Intestine". Arquivado dende o orixinal o 2016-11-18. Consultado o 2014-12-30. 
  3. "Causes". Coeliac UK (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  4. "Paneth cells (Cytokines & Cells Encyclopedia - COPE)". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • C. W. Chan, Y. K. Leung and K. W. Chan (2014). "Microscopic anatomy of the vasculature of the human intestinal villus - a study with review". European Journal of Anatomy, 18 (4): 291–301.