Viktor Danilovich Saneiev (en ruso Виктор Данилович Санеев), nado en Sukhumi (Xeorxia) o 3 de outubro de 1945 e finado o 3 de xaneiro de 2022, foi un triplo saltador xeorxiano.

Infotaula de personaViktor Saneiev

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ka) ვიქტორ სანეევი Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1945 Editar o valor em Wikidata
Sukhumi (República Socialista Soviética de Xeorxia) Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Sydney (Australia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia (–2022)
Xeorxia (1991–)
Unión Soviética (1945–1991) Editar o valor em Wikidata
EducaciónGeorgian State University of Subtropical Agriculture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura188 cm Editar o valor em Wikidata
Peso78 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua inglesa e lingua xeorxiana Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaTriplo salto Editar o valor em Wikidata
AdestradorAkop Kerselyan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1980Xogos Olímpicos de 1980
1976Xogos Olímpicos de 1976
1972Xogos Olímpicos de 1972
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14348517 Olympic.org: viktor-saneyev Find a Grave: 262200393 Editar o valor em Wikidata

Competiu internacionalmente coa Unión Soviética e gañou catro medallas olímpicas; tres de ouro (1968, 1972 e 1976) e unha de prata (1980). Dominou a especialidade de triplo salto entre fins de 1960 e a década de 1970. Saneiev adestrou en Sukhumi e máis adiante en Tbilisi na sociedade deportiva Dynamo.

Traxectoria editar

Saneiev comezou no atletismo en 1956 na escola deportiva Gantiadi, o seu primeiro adestrador foi Akop Kerselyan. Seis anos máis tarde Kerselyan anuncioulle que se debía especializar en triplo salto. En 1963 Saneiev finalizou terceiro no campionato escolar de toda á Unión Soviética, a Espartaquiada. O seu maior éxito sucedeu en 1968, cando gañou os Campionatos da URSS e nos Xogos Olímpicos de verán de 1968, onde o 17 de outubro bateu o récord do mundo dúas veces: con 17,23 metros e 17,39 metros. O mesmo día, pero catro anos máis tarde, Saneiev bate o récord do mundo unha vez máis, en Sukhumi, con 17,44 metros. Gañou as medallas de ouro nas Olimpíadas de verán de 1972 e 1976 e a de prata nos Xogos Olímpicos de 1980.

Ademais gañou os Campionatos Europeos de Atletismo de 1969 e 1974, os Campionatos Europeos de Atletismo en Pista Cuberta de 1970, 1971, 1972, 1975, 1976 e 1977. Saneiev foi campión da URSS en 1968-71, 1973-75 e en 1978.

Foi galardoado coa Orde da Bandeira Vermella do Traballo en 1969.