Abrir o menú principal

Victor Serge, nado como Viktor Lvovitch Kibaltchitch (en lingua rusa Виктор Львович Кибальчич) en Ixelles o 30 de decembro de 1890 e finado en México o 17 de novembro de 1947, foi un revolucionario, anarquista e escritor ruso en lingua francesa. Aínda que naceu en Bélxica os seus pais eran emigrantes políticos rusos e el tivo a nacionalidade rusa.

Victor Serge
Victor serge.jpg
Nome completoВи́ктор Льво́вич Киба́льчич
AlcumeVictor Serge
Nacemento30 de decembro de 1890
 Ixelles Bélxica Bélxica
Falecemento17 de novembro de 1947 (56 anos)
 Cidade de México, Flag of Mexico.svg México
NacionalidadeUnión Soviética
Ocupacióntradutor, xornalista, escritor e político
FillosVlady Kibalchich Russakov
XénerosNovela, poesía
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Militante anarquista, a Revolución de Outubro levouno ó comunismo. En febreiro de 1919 chega Petrogrado e únese ó Partido Comunista Bolxevique. Traballou na Terceira Internacional como periodista, editor e tradutor. Representou á Internacional Comunista en Alemaña e traballou na insurrección errada de outono de 1923. Aquela experiencia levouno ás filas da Oposición de Esquerdas, da que foi figura destacada en Leningrado. En 1928 foi expulsado do partido e encarcerado, pero despois foi liberado. A partir de entón comezou a gaña-la vida escribindo novelas, a maioría das cales se publicaban en Francia. En 1933 foi arrestado e deportado. En abril de 1936, tras unha campaña internacional, foi expulsado da Unión Soviética. Entón renovou contactos con Lev Trotski, pero non foron duradeiros. En 1940 foxe de París, pouco antes da caída da cidade a mans nazis, e radicou en México onde finalmente faleceu.

ObrasEditar

Novela, conto e poesíaEditar

  • Les Hommes dans la prison, Rieder, 1930
  • Naissance de notre force, Rieder, 1931
  • Ville conquise, Rieder, 1932
  • Mer Blanche, en Les Feuillets bleus n°295, 1935
  • L’Impasse Saint-Barnabé, en Esprit n°43-44, 1936
  • Résistance, 1938
  • S’il est minuit dans le siècle, Grasset, 1939
  • Les Derniers Temps, L'Arbre, 1946 e Grasset, 1951
  • L’Affaire Toulaev, Le Seuil, 1948
  • Les Années sans pardon, François Maspero, 1971
  • Le Tropique et le Nord, François Maspero, 1972
  • Les Révolutionnaires, Le Seuil, 1980
  • Mémoires d'un révolutionnaire (1901-1941), Le Seuil, 1951

Ensaios e estudos históricosEditar

  • Pendant la guerre civile : Pétrograd mai-juin 1919, 1921
  • Les Anarchistes et l’expérience de la révolution russe, Cahiers du Travail, 1921
  • La Ville en danger : l’an II de la Révolution, Librairie du Travail, 1924
  • Lénine 1917, Librairie du Travail, 1925
  • Les Coulisses d’une sûreté générale : l’Okhrana, 1925
  • La Lutte des classes dans la révolution chinoise, en Clarté, 1927
  • Soviet 1929, Rieder, 1929
  • L’An I de la Révolution russe, Librairie du Travail, 1930
  • Littérature et révolution, Libraire Valois, 1932
  • Seize fusillés : où va la révolution, 1936 e 1972
  • Destin d’une révolution : URSS 1917-1937, Grasset, 1937
  • Portrait de Staline, Grasset, 1940
  • Le Nouvel Impérialisme russe, Cahiers Spartacus, 1947 e 1972
  • Vie et mort de Léon Trotsky (con Natalia Sedova), Amiot-Dumont 1951
  • Le Tournant obscur, Les Îles d'or, 1951
  • Carnets, Julliard, 1952
  • Victor Serge et Léon Trotsky : La lutte contre le stalinisme (textos de 1936-1939)
  • Note d'Allemagne (1923)
  • Mémoires d’un révolutionnaire et autres écrits politiques (1908-1947)
  • Retour à l’Ouest - Chroniques (juin 1936 - mai 1940),
  • Mémoires d'un révolutionnaire 1905-1945,
  • L'extermination des Juifs de Varsovie et autres textes sur l'antisémitisme

FilmografíaEditar

  • Victor Serge, l'insurgé, documental de Carmen Castillo, 2012.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar