Victor Brooke
Sir Victor Alexander Brooke, 3º barón de Brooke, nado o 5 de xaneiro de 1843 e finado o 27 de novembro de 1891 en Pau, foi un aristócrata anglo-irlandés, coñecido cazador da caza maior e naturalista.
Victor Brooke | |
---|---|
Nome completo | Victor Alexander Brooke |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1843 |
Falecemento | 27 de novembro de 1891 |
Pau | |
Causa | pneumonía |
Nacionalidade | Británica |
Alma máter | Harrow School, Londres |
Ocupación | Cazador, naturalista |
Pai | Sir Arthur Brinsley Brooke |
Nai | Hon. Julia Henrietta Anson |
Cónxuxe | Alice Sophia Bellingham |
Fillos | Sir Arthur Brooke, 4th Baronet, Ronald George Brooke, Butler Brooke, Victor Reginald Brooke, Alice Mildred Brooke, Hylda Brooke e Alan Brooke |
Lingua | Inglés |
Coñecido por | Descrición da especie Gazella walleri (hoxe clasificada como Litocranius walleri) |
Profesión | Naturalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Era fillo de Sir Arthur Brooke, 2º Barón de Brooke, aristócrata do Ulster, do condado de Fermanagh en Irlanda do Norte, a quen secedeu no título e na propiedade de Colebrooke en 1854.
Estudou en Harrow, Londres, e logo viaxou ao estranxeiro, sendo un deportista entusiasta que gozaba coa caza maior.
Foi maxistrado, tenente adxunto e sheriff de Fermanagh.
Cazador apaixonado, especialmente da caza maior, esta afección fixo que se interesara na historia natural. Viaxou moito, e pouco a pouco foi arruinando a fortuna familiar.
Philip Lutley Sclater (1829-1913) e Michael Rogers Oldfield Thomas (1858-1929) publicaron os catro volumes de The Book of Antelopes (O libro dos antílopes) desde 1894 até 1900. As láminas estaban a cargo de Victor Brooke, pero a súa prematura morte, a cuausa dun accidente de caza, detivo este proxecto.
Como naturalista, é coñecido por ser o primeiro descritor, en 1878, da nova especie Gazella walleri, antílope do Corno de África da subfamilia dos antilopinos, no traballo publicado en Proc. Zool. Soc. Lond., 1878: 929.[1] A especie foi posteriormente reclasificada no xénero Litocranius, creado en 1886 por Franz Friedrich Kohl.
Os seus recordos de caza publicáronse post mortem: "Sir Victor Brooke: deportista e naturalista", en 1896.
Vida familiarEditar
Casou con Alice Sophia Bellingham, filla de Sir Alan Edward Bellingham, 3 Barón de Bellingham, en 1864. Despois de casar, establecéronse na cidade de Pau Francia, onde tiveron polo menos seis fillos. O más novo foi Alan, máis tarde mariscal de campo e 1º Visconde de Alanbrooke. Así mnesmo, foi o avó do 1º Visconde de Brookeborough, terceiro primeiro ministro de Irlanda do Norte.
AbreviaturaEditar
A abreviatura Brooke emprégase para recoñecer o autor como autoridade na descrición e clasificación taxonómica en zooloxía.
NotasEditar
- ↑ Wilson & Reeder 2005, p. 120.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.