Valentín Fernández González

militar e político galego

Valentín Fernández González, coñecido como Víctor, nado en Lugo en 1912 e finado en Filgueira de Barranca (Oza-Cesuras) o 28 de febreiro de 1951, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaValentín Fernández González
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de febreiro de 1951 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Filgueira de Barranca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesVíctor Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Albanel en Lugo. Militante comunista dende 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi comandante da Brigada 100 da 11ª división e formou parte do batallón de Milicias Populares Galegas durante a guerra civil. Coa derrota da República foi internado no campo de refuxiados francés de Barcarès. Despois marchou á Unión Soviética e traballou como obreiro cualificado en Mitichi, Kokand, e torneiro na fábrica Krasni Proletari de Moscova. Foi voluntario no Exército Vermello durante a segunda guerra mundial. Volveu a Galicia en 1949 enviado polo PCE e formou parte do Comité Rexional dirixido por José Sevil como responsable do traballo no Exército e na Mariña.[1] Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Filgueira de Barranca o 28 de febreiro de 1951 xunto con Manuel Paradela Barros; Valentín Fernández levaba documentación falsa a nome de José García Castelo. Foron sotellados no cemiterio de Filgueira de Barranca.[2]

Vida persoal editar

Casou coa asturiana Josefina Álvarez Suárez.

Notas editar

  1. Santidrián Arias, Víctor Manuel (2003). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Do Castro. pp. 303–317. ISBN 978-84-8485-079-3. 
  2. Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. p. 315. ISBN 978-84-1176-172-7. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar