Valentín Castreje
Valentín Castreje Lizancos, tamén escrito Valentín Castrege, nado en 1923 e finado na Coruña o 9 de outubro de 2002, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 valor descoñecido |
Morte | 9 de outubro de 2002 (78/79 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Fisterra | |
1999 – 9 de outubro de 2002 (finado no cargo) ← Ernesto Ínsua Olveira – José Manuel Traba Fernández → | |
Alcalde de Fisterra | |
1979 – 1991 – José Fernando Carrillo → | |
Actividade | |
Ocupación | político, fareiro |
Traxectoria
editarFareiro de profesión, foi candidato pola UCD á alcaldía de Fisterra nas municipais de 1979 saíu elixido rexedor. Foi reelixido en 1983 e en 1987, nesta ocasión en representación de Coalición Progresista Galega, a plataforma electoral de Coalición Galega.
En 1991 gañou as eleccións tamén, neste caso en representación do Partido Popular, pero perdeu a maioría absoluta e apoiou como alcalde ó único edil do CDS, Fernando Carrillo Ugarte. Porén, a posterior falta de entendemento entre ambos supuxo que Carrillo formase un goberno co PSdeG-PSOE e o BNG en marzo de 1992.
Foi de novo candidato nas municipais de 1995, pero non recuperou a maioría absoluta e o goberno entre centristas, socialistas e nacionalistas continuou co socialista Ernesto Ínsua Olveira na alcaldía. Volveuse presentar ás eleccións en 1999, conseguiu cinco concelleiros (maioría relativa) e recuperou a alcaldía ante a falta de acordo dos outros partidos, gobernando en minoría.
Faleceu a poucos meses do termo desa lexislatura, en outubro de 2002.
Predecesor: Juan Ínsua Castro |
Alcalde de Fisterra 1979 - 1991 |
Sucesor: José Fernando Carrillo Ugarte |
Predecesor: Ernesto Ínsua Olveira |
Alcalde de Fisterra 1999 - 2002 |
Sucesor: José Manuel Traba Fernández |