Ernesto Ínsua Olveira

político e funcionario galego

Ernesto Ínsua Olveira, nado en Fisterra o 28 de decembro de 1952[1], é un político e funcionario galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaErnesto Ínsua Olveira
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Fisterra, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Fisterra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , funcionario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Funcionario do ISM, foi o director das delegacións de Fisterra e Corcubión dende 1978. Foi elixido candidato á alcaldía fisterrá polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1991. Conseguiu triplicar os resultados dos socialistas, logrando 3 edís, e sela segunda forza máis votada contribuíndo a acabar coa maioría absoluta de Valentín Castreje á fronte do PPdeG. Desta forma, explorouse un acordo para lograla alcaldía co apoio do BNG e do CDS, porén os candidatos destas formacións, Tereixa Novo (3 edís) e José Fernando Carrillo (1 edil), pedían a alcaldía para eles mesmos. Esta situación derivou en que os socialistas acordaron investir a Tareixa Novo e que Carrillo se presentase á investidura, logrando este o apoio do PPdeG e a alcaldía. Porén, as malas relacións entre o centrista e os populares, derivou en marzo de 1992 nun pacto de goberno do alcalde co PSdeG e BNG, asumindo Ínsua unha tenencia de alcaldía e concellería de obras[2].

Nas municipais de 1995 foi de novo candidato socialista. O goberno tripartito mantivo a maioría, se ben Carrillo subeu de 1 a 3 concelleiros a costa do PSdeG e do BNG, pasando a sela principal forza dos tres. Aínda así, conseguiu que os centristas lle cedesen a alcaldía, polo que foi investido co apoio destes e do BNG, continuando o goberno ata as municipais de 1999, cando decide non presentarse á reelección e volver ó seu traballo no ISM.

Durante os 7 anos de goberno tripartito destacou a considerable mellora da promoción turística do concello, moi especialmente vinculada ó Xacobeo e á fin do Camiño de Santiago.


Predecesor:
José Fernando Carrillo
  
Alcalde de Fisterra
 
1995 - 1999
Sucesor:
Valentín Castreje

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia ed. Carballo, 26-2-1999 p. 45.
  2. Nova en La Voz de Galicia ed. Carballo, 10-3-1992 p. 36.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar