Valentín Castreje

político español

Valentín Castreje Lizancos, tamén escrito Valentín Castrege, nado en 1923 e falecido na Coruña o 9 de outubro de 2002, foi un político galego.

Valentín Castreje
Nacemento1923
 A Coruña
Falecemento9 de outubro de 2002
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fareiro de profesión, foi candidato pola UCD á alcaldía de Fisterra nas municipais de 1979 saíu elixido rexedor. Foi reelixido en 1983 e en 1987, nesta ocasión en representación de Coalición Progresista Galega, a plataforma electoral de Coalición Galega. En 1991 gañou as eleccións tamén, neste caso en representación do Partido Popular pero non tivo maioría suficiente para formar goberno.

Logo de oito anos fóra da alcaldía, volveuse presentar ás eleccións en 1999 polo PP, e conseguiu cinco concelleiros (maioría relativa) e a Alcaldía por ser a lista máis votada e a división dos outros partidos. Faleceu a poucos meses do termo desa lexislatura.


Predecesor:
Juan Insua Castro
  
Alcalde de Fisterra
 
1979 - 1991
Sucesor:
José Fernando Carrillo Ugarte
Predecesor:
Ernesto Insua Olveira
  
Alcalde de Fisterra
 
1999 - 2002
Sucesor:
José Manuel Traba Fernández

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar