José Manuel Traba Fernández

político español

José Manuel Traba Fernández, nado en 1966, é un político galego do PPdeG.

José Manuel Traba Fernández
Nome completoJosé Manuel Traba Fernández
Nacemento1966
Lugar de nacementoFisterra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Biólogo de profesión, exerceu como biólogo da confraría de Fisterra. Foi elixido concelleiro polo PPdeG en Fisterra tralas municipais de 1999. Accedeu á alcaldía de Fisterra en outubro de 2002 logo da morte repentina do seu antecesor Valentín Castreje. Nas eleccións municipais de 2003 nun principio logrou maioría relativa, subindo de 5 a 6 concelleiros, pero trala anulación dunha mesa pasou a ter maioría absoluta. Porén, non puido tomar posesión dado que o PSdeG-PSOE, grupo que perdeu un concelleiro trala anulación da mesa, e outras forzas políticas presentaron un recurso que obrigou a repetilas eleccións en dita mesa o 26 de outubro. Finalmente, os resultados confirmaron a maioría absoluta do PPdeG, polo que tomou posesión no mes de novembro. Obtivo de novo a maioría absoluta nas municipais de 2007. Foi deputado provincial na Deputación da Coruña dende 2009 ata 2011.

O 31 de xaneiro de 2011 foi detido acusado de corrupción na Operación Orquesta sendo posteriormente exonerado segundo as palabras do Fiscal "Estar baseadas as acusacións, en simples conxeturas, con falta de datos e interpretacións insuficientes". Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, empatando a concelleiros co PSdeG-PSOE, e cedeulle a alcaldía ó socialista José Marcote Suárez. Nas municipais de 2019 volveu selo candidato do PPdeG pero non logrou recuperala alcaldía.


Predecesor:
Valentín Castreje
  
Alcalde de Fisterra
 
2002 - 2015
Sucesor:
José Marcote Suárez

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar