Uz
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Botánica
editarUz, tamén chamadas urce, carrouchas ou breixo, pode referirse en galego a varias plantas da familia Ericaceae:
- Varias especies do xénero Erica:
- Erica arborea, uz branca.
- Erica australis, uz vermella, uz moura, corgo. Endémica do occidente da Península ibérica.
- Erica scoparia, uz das vasoiras.
- Erica carnea, carroucha de inverno.
- Erica vagans, carrasca branca.
- Erica cinerea, carroucha de tres follas, queiroga de tres follas, carpaza de maio, carrasco.
- Erica tetralix, carroucha das brañas, queiroga das brañas.
- Erica umbellata, carroucha de umbela, queiroga de umbela.
- Erica erigena, carroucha de Irlanda, queiroga de Irlanda.
- Erica ciliaris, carroucha veluda, queiroga veluda.
- Erica mackaiana, endémica de Galiza.
- Varias especies do xénero Calluna, tamén chamadas queiroas:
- Calluna vulgaris (queiroa).
- Varias especies do xénero Daboecia:
Toponimia
editar- Uz, vila e comuna francesa, situada na rexión de Mediodía-Pireneos, departamento de Altos Pireneos, no distrito e cantón de Argelès-Gazost.
- A Uz, lugar en Oleiros, concello de Carballedo, provincia de Lugo.