Carroucha de inverno

especie de planta
(Redirección desde «Erica carnea»)
Carroucha de inverno

Carroucha de inverno a florear na neve
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Magnoliophyta
(sen clasif.): Eudicotyledoneae
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: Erica
Especie: E. carnea
Nome binomial
'Erica carnea'
L.

A carroucha de inverno (Erica carnea; syn. E. herbacea, E. mediterranea) é unha especie de urce nativa das áreas montañosas do centro e do sur de Europa no leste dos Alpes, onde se pode encontrar en bosques de coníferas ou en abas pedrentas.

Descrición

editar

É un arbusto miúdo que medra amodo, acadando de 10 a 25 cm de alto, perennifolio coas follas tipo arume de 4 a 8 milímetros de longo, que se presentan en espirais de catro. As flores prodúcense en acios a finais do inverno ou comezos da primavera, a miúdo comezando a florear mentres a planta aínda fica cuberta pola neve; a flor individual ten forma de campá, de 4 a 6 milímetros de longo, de cor avermellada a rosada escura, raramente branca.

Taxonomía

editar

O primeiro nome publicado para a especie foi Erica herbacea; porén, o nome E. carnea (publicado tres páxinas máis adiante no mesmo libro) é tan amplamente utilizado, e o anterior tan pouco usado, que unha oferta formal para conservar o nome E. carnea sobre E. herbacea foi aceptado polo Congreso Internacional de Botánica en 1999.

Cultivo e usos

editar

Cultívase abundantemente como planta ornamental por mor á súa floración invernal; os seus máis de 100 cultivares foron seleccionados pola súa variación na cor da flor e da folla. A maioría das especies de Erica , son tolerantes de solos calcarios así como dos solos acedos, sendo doada de cultivar en moitas zonas.

Entre os cultivares máis comúns inclúense o ‘Aurea’, ‘Springwood Mix’, ‘Springwood White’ (branco) ou ‘Winter Sport’.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Heinz-Dieter Krausch: Kaiserkron und Päonien rot. Hamburg 2003
  • Xaver Finkenzeller: Alpenblumen. München 2003, ISBN 3-576-11482-3
  • M. A. Fischer, W. Adler und K. Oswald: Exkursionsflora für Österreich, Liechtenstein und Südtirol. Linz 2005, ISBN 3-85474-140-5

Ligazóns externas

editar