Carroucha de Irlanda

especie de planta
(Redirección desde «Erica erigena»)
Queiroga de Irlanda

Queiroga de Irlanda (E. erigena) en flor con toxos (Ulex), Lough Carrowmore, oeste de Irlanda
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: Erica
L.
Especie: E. erigena

A queiroga de Irlanda ou carroucha de Irlanda[1] (Erica erigena) é unha especie de uz (plantas de flor da familia Ericaceae, nativas dos cantís e uceiras da Europa atlántica (Irlanda, suroeste de Francia, Galiza, Cornixa Cantábrica, Portugal e Tánxer). É un arbusto perenne que acada os 75 cm coa follaxe algo feble e flores dunha cor rosa intensa e recendo a mel no inverno e na primavera.[2][3] Aparece no oeste de Irlanda, separada das poboacións galegas ou mediterráneas, polo que poderíase tratar dunha poboación asilvestrada a partir de xardíns.[4]

Cultívase tamén coma planta ornamental coma cobertora con outras uces e coníferas ananas. Como as demais uces é calcífuga, preferindo terreos asollados e con solos acedos ben drenados. Desenvolvéronse numerosos cultivares para xardinaxe. Os seguintes gañaron o premio de mérito da Royal Horticultural Society inglesa:

  • E. erigena 'Irish Dusk'[5]
  • E. erigena f. alba 'W.T. Rackliff'[6] (white-flowered)

Notas editar

  1. Nomes vulgares galegos preferidos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004
  2. RHS A-Z encyclopedia of garden plants. Reino Unido: Dorling Kindersley. 2008. p. 1136. ISBN 1405332964. 
  3. "Great plant picks - Erica erigena". Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  4. Foss, Peter J.; Doyle, Gerard J. "The history of Erica erigena R. Ross, an Irish plant with a disjunct European distribution". Journal of quarternary science. Wiley online library. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  5. "RHS Plant Selector - Erica erigena 'Irish Dusk'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  6. "RHS Plant Selector - Erica erigena f. alba 'W.T. Rackliff'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar