Carrasca branca

especie de planta
(Redirección desde «Erica vagans»)
Carrasca branca

Carrasca branca en Cornualla (Erica vagans)
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: Erica
Especie: E. vagans
Nome binomial
'Erica vagans'
L.

A carrasca branca[1] (Erica vagans L.) é unha uz que poucas veces acada o metro de altura; moi ramalluda e de fino arume verticilado (4 ou 5) fortemente revolutas, que abunda nas rexións de montaña de toda Europa. Aparece tamén en Galiza.

Descrición editar

Medra maiormente de xeito patente (en horizontal) no medio natural, polo que non adoita acadar grandes alturas, mais si cubrir extensións en noiros e abas. É unha planta vizosa e perenne. As inflorescencias son racemosas e aparecen nas partes superiores dos talos. As flores son urceoladas (cos pétalos soldados e de aspecto de campá) e de cor rosada-morada, diferenciándose doutras especies de Erica en que tanto os estames como o estigma sobresaen por fóra da corola. Segundo a zona florea a partir de xuño deica setembro-outubro.

Distribución editar

É propia da rexión eurosiberiana, principalmente na faixa atlántica desde Portugal até Dinamarca. Sendo frecuente en Irlanda e Bretaña. No Reino Unido só se acha na península de The Lizard, en Cornualla. Na Península Ibérica medra no terzo norte: Galiza, Asturias, Cantabria e País Vasco.[2]

Hábitat editar

 
Carrasca branca

Medra especialmente nas montañas, a partir dos 800 m, por isto é considerada unha urce de montaña. Como a meirande parte das especies do xénero Erica, medra ben en solos acedos e oligotróficos.

Etimoloxía editar

Crese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas pólas febles. O epíteto específico latino vagans significa literalmente vadío, vagabundo; referíndose ao contexto que ten unha ampla distribución.[3] En inglés recibe os nomes de Cornish heath (uz de Cornualla) e wandering heath (uz errante)

Cultivo editar

 
Primeiro plano da carrasca branca

Téñense desenvolvido numerosos cultivares de flores cun grande abano de cores: brancas, rosas, malva e púrpura. Os cultivares a seguir gañaron o premio de mérito de xardinaxe da Royal Horticultural Society británica:

  • E. vagans f. alba 'Cornish Cream'[4] (variedade de flores abrancazadas)
  • E. vagans f. alba 'Kevernensis Alba'[5] (variedade de flores abrancazadas)
  • E. vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley'[6] (variedade de follas douradas)

Sinónimos editar

  • Erica multiflora L. [1754, Fl. Angl. : ?] [1754]
  • Erica didyma Stokes in With. [1787]
  • Erica decipiens St.-Amans [1821]
  • Gypsocallis vagans (L.) Gray [1821]
  • Erica vaga Salisb.

Notas editar

  1. Nome vulgar en galego preferido en Vocabulario forestal. Varios autores, Santiago de Compostela, 2012 Universidade de Santiago de Compostela / Escola Politécnica Superior de Lugo, Deputación de Lugo - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15515911
  2. RHS A-Z encyclopedia of garden plants. Reino Unido: Dorling Kindersley. 2008. p. 1136. ISBN 1405332964. 
  3. Harrison, Lorraine (2012). RHS Latin for gardeners. Reino Unido: Mitchell Beazley. p. 224. ISBN 9781845337315. 
  4. "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Cornish Cream'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  5. "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Kevernensis Alba'". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  6. "RHS Plant Selector - Erica vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley'". Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar