Queiroga maior
Queiroga maior | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Daboecia cantabrica | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Daboecia cantabrica' (Huds.) K.Koch |
A queiroga maior[1] (Daboecia cantabrica) é unha especie da familia das Ericáceas común nos montes galegos. Recibe outros nomes comúns que comparte coas outras especies dos xéneros Erica e Calluna, coma queiroa, uz ou urce.
Descrición
editarGamallo de até 50 cm con talos inclinados, incluso deitados; pólas ergueitas, vilosas e glandulares nos extremos. Follas alternas, perennes, pequenas (1 cm), enteiras, coriáceas, ovaladas ou lanceoladas, abrancazadas polo envés. Flores reunidas en acios terminais frouxos e alongados, purpúreas ou violáceas e pendurantes. Corola globoso-alongada, con lóbulos curtos e revirados. Conta con oito estames. Ao frutificaren perden a corola.[2] O froito é unha cápsula.
Hábitat
editarUceiras e toxeiras,frecuentemente en terreos rochosos, mesturado con queiroas e especies coma Erica cinerea e Ulex gallii. Medra en solos acedos sobre cuarcitas, micas e xistos, evitando turbas; entre o nivel do mar e os 580 m[3].
Distribución
editarEsténdese pola Europa atlántica, sendo abundante no oeste de Irlanda, naturalizándose nalgunhas zonas da Gran Bretaña.[3] É abundante no norte da Península Ibérica, especialmente en Asturias, Cantabria, Castela e León e País Vasco. A daboecia é común nos bosques e prados de Galiza.
Taxonomía
editarDaboecia cantabrica foi descrita por (Huds.) K.Koch e publicado en Dendrologie 2(1): 132. 1872.[4]
Número de cromosomas de Daboecia cantabrica (Fam. Ericaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24[5]
- Andromeda daboecia L.
- Andromeda montana Salisb.
- Boretta cantabrica (K.Koch) Kuntze
- Boretta daboecia (L.) Baill.
- Daboecia daboecia (L.) Dörfl.
- Daboecia polifolia D.Don
- Daboecia polifolia var. alba Sweet
- Erica cantabrica Collinson
- Erica dabici Crantz
- Erica daboecii L.
- Menziesia daboeci DC.
- Menziesia minor Hoffmanns.
- Menziesia polifolia Juss.
- Vaccinium cantabricum Huds.[6]
En galego recibe outros nomes comúns que comparte coas outras especies dos xéneros Erica e Calluna, coma queiroa, uz ou urce. En lingua castelá chámanlle brezo vizcaíno ou brezo de san Dabeoz; en lingua inglesa recibe o nome de irish heath ou saint Dabeoc's heath[7].
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego preferido en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004; e Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ Ángel Penas et alii (1991): Plantas Silvestres de Castilla y León. Valladolid, Ámbito. ISBN 84-86770-40-8
- ↑ 3,0 3,1 http://www.brc.ac.uk/plantatlas/index.php?q=plant/daboecia-cantabrica
- ↑ "Queiroga maior". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
- ↑ Números cromosómicos para la flora española. 815-830. Números 819-830 López Pacheco, M.J. & al. (2004) Lagascalia 24: 177-182
- ↑ Queiroga maior en PlantList
- ↑ En Buscatermos da Universidade de Santiago de Compostela - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15521961
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Queiroga maior |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Queiroga maior |