Daboecia
xénero de plantas
xénero Daboecia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Queiroga maior (Daboecia cantabrica) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Váxase no texto |
Daboecia é un pequeno xénero de plantas de flores pertencente á familia Ericaceae, contén só dúas especies de gamallos e está estreitamente ligado co xénero das uces e carrouhas (Erica). Reciben o nome común galego de queirogas (cómpre non confundir co xénero Calluna).
As especies de Daboecia difiren das especies europeas de uces (Erica) por teren unha corola caduca que é substancialmente máis grande cá corola das Erica. As follas son máis grandes en Daboecia, nunca aglutinadas. O nome xenérico desta planta provén do nome do santo irlandés, San Dabeoc, xa que a queiroga maior recibe en inglés o nome de Saint Dabeoc heath.
Especies
editar- Daboecia azorica, queiroga dos Azores, no arquipélago dos Azores.
- Daboecia cantabrica, queiroga maior, Galiza, cordal cantábrico, Irlanda (Galway e sur de Mayo), oeste de Francia, noroeste de Portugal.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Oliver, E. G. H. (2000). Systematics of Ericeae. Contributions from the Bolus Herbarium 19.
- Nelson, E. C. (1984). Dabeoc — a saint and his heather. Yearbook of the Heather Society 1984: 41–46.
- Nelson, E. C. (2000). A history, mainly nomenclatural, of St Dabeoc's heath. Watsonia 23: 47–58.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daboecia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Daboecia |