Calluna

xénero de plantas

Calluna é un pequeno xénero con 8 especies de plantas de flores pertencentes á familia Ericaceae. Natural de Europa, norte de África e América onde medra en terreos estériles e acedos como turbeiras e brañas. Popularmente coñécense coma queiroas, queirogas, ou incluso uces ou breixos, pero cómpre non confundilas coas especies dos xéneros Erica e Daboecia.

Son pequenos arbustos que acadan os 20–50 cm de altura con gran cantidade de pólas erguidas de cor marrón-avermellada. As follas son miúdas e moi numerososas. As flores, tamén moi miúdas son de cor malva dispostas en acios terminais.

Diferenzas con Erica

editar

O xénero estreitamente relacionado Erica, cuxas especies son tamén chamadas ás veces queiroas, adóitase confundir co Calluna; diferéncise porque en Calluna as especies teñen as follas máis pequenas, menos de 2–3 mm de longura, e presentar unha corola máis dividida en pétalos diferenciados. Ademais a marxe das follas é aserrada en Calluna, mentres que en Erica, de follas lineares, a marxe é enteira.

Especies

editar

En Galicia só hai unha especie autóctona, a queiroa: Calluna vulgaris.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar