Príncipe Uxío Francisco de Savoia (en francés: Eugène de Savoie, en alemán: Prinz Eugen von Savoyen, en húngaro: Savoyai Jenő), nado en París o 18 de outubro de 1663 e finado en Viena o 21 de abril de 1736, foi un dos máis brillantes xenerais que serviu a Austria durante as guerras onde foron expulsados os turcos otománs dos territorios austríacos, húngaros e serbios a finais do século XVII.

Infotaula de personaUxío de Savoia

(1712) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1663 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 1736 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPrince Eugene Chapel (en) Traducir
Catedral de Turín Editar o valor em Wikidata
Governador do Milanês (pt) Traducir
26 de setembro de 1706 – 1716
Ambassador of Austria to France (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado de Saboia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , líder militar , oficial do exército Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1683 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorAustrian Federal Government (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
Rama militarArmy of the Holy Roman Empire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral
generalíssimo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGran guerra turca, Batalha de Viena (pt) Traducir, Cerco de Buda (1686) (pt) Traducir, Batalha de Mohács (pt) Traducir, Siege of Belgrade (en) Traducir, Batalha de Zenta (pt) Traducir, Battle of Staffarda (en) Traducir, Battle of Marsaglia (en) Traducir, Batalha de Carpi (pt) Traducir, Batalha de Chiari (pt) Traducir, Batalha de Blenheim (pt) Traducir, Cerco de Turim (pt) Traducir, Battle of Toulon (en) Traducir, Battle of Oudenarde (en) Traducir, Siege of Lille (en) Traducir, Batalha de Malplaquet (pt) Traducir, Battle of Denain (en) Traducir, Batalha de Petrovaradin (pt) Traducir, Siege of Belgrade (en) Traducir e Guerra de Sucessão da Polónia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Savoia Editar o valor em Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisUxío Mauricio de Savoia-Carignano Editar o valor em Wikidata  e Olympe Mancini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLuís Tomás, Conde de Soissons (pt) Traducir e Maria Joana de Saboia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 6532870 Editar o valor em Wikidata

Familia e mocidade editar

 
Hotel Soissons, lugar de nacemento de Uxío. Lámina de Israel Silvestre, en 1650.

Uxío era o quinto fillo do Príncipe Uxío Mauricio de Savoia-Carignano, conde de Soissons, xeneral e gobernador de Lois XIV, e de Olympia Mancini, así como sobriño segundo do cardeal Mazarino. Con todo, rumoreábase que Olympia quedara realmente embarazada do rei francés.[1] Criouse na Corte de Lois XIV e na súa mocidade formou parte do círculo do abade de Choisy. Estaba destinado á carreira eclesiástica, pois sendo neno xa posuía dúas abadías en 1678. No entanto, inclinábase máis pola carreira militar e solicitou o mando dun batallón, que lle foi denegado por Lois XIV, alegando que era enxoito e de curta estatura, mais probablemente tamén porque a súa nai vivía dende había tres anos no desterro acusada de envelenar o seu esposo.

Calquera sexa a razón, Uxío escapou da corte francesa, e serviu voluntariamente no exército austríaco como oficial en 1683. Mantivo un odio permanente con Lois XIV, e pasou o resto da súa vida opóndose á ambición francesa sobre Europa.

Uxío como oficial do Sacro Imperio Romano Xermánico editar

Expulsión dos turcos de Viena editar

 
Batalla de Viena ou de Kahlenberg

Desairado nas súas pretensións, ofreceu os seus servizos ao Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Leopoldo I de Habsburgo. En xullo de 1683 tivo noticia de que o seu irmán, o coronel Luís Xulio de Savoia, caera en Petronell loitando contra os tártaros de Crimea. Coa esperanza de obter o rexemento de dragóns que mandaba o seu irmán, dirixiuse a Passau (Baviera) para entrevistarse co emperador Leopoldo I, quen o nomeou oficial. O emperador xermánico non lle concedeu o mando solicitado, polo que o novo tenente coronel se alistou nas tropas que foron socorrer Viena, a cal se atopaba nese momento asediada polos turcos (1683). Así, Uxío tomou parte na batalla de Kahlenberg xunto ao seu primo Luís Guillermo de Baden, alcumado Luís "o Turco".

As batallas resultaron vitoriosas para o Sacro Imperio, e os turcos víronse forzados a fuxir cara ao leste, refuxiándose nos territorios húngaros e abandonando os austríacos.

Ocupación dos territorios húngaros e expulsión dos turcos editar

De inmediato, ante o enfraquecemento turco otomán, o emperador xermánico Leopoldo I viu a oportunidade perfecta para recuperar os territorios húngaros que se achaban en mans turcas dende 1526. Así, enviou os seus exércitos comandados por Uxío de Savoia e en 1686 lograron ocupar a cidade de Buda, capital do reino húngaro. Sucedéronse despois unha serie de batallas ao longo do territorio húngaro, incluíndo a toma de Belgrado en 1688.

Xa en 1683 fora nomeado coronel do seu propio rexemento de dragóns e a partir de entón foi ascendendo na escala militar ata chegar a xeneral de cabalaría en 1690 e mariscal de campo en 1693.

En 1696 mandaba o exército imperial no norte de Italia e un ano despois dirixiu a contraofensiva en Hungría contra os turcos. A súa fama de estratego adquiriuna coa vitoria decisiva que conseguiu na batalla de Zenta (1697), ao aniquilar o groso do exército otomán cando cruzaba un río. Acto seguido conquistou Saraxevo, mandando incendiar a cidade. O sultán turco viuse obrigado a asinar a paz de Carlowitz en 1699 e, como consecuencia desta campaña, a parte de Hungría ocupada polos turcos, Transilvania e Eslavonia pasaron ao dominio austríaco. Con isto consumouse a expulsión dos turcos do territorio húngaro e as súas dependencias, e desta forma, estes pasaron na súa totalidade a mans do emperador xermánico, quen se fixo coroar rei de Hungría.

Guerra de Sucesión Española editar

Durante a Guerra de Sucesión Española, o príncipe Uxío foi comandante das tropas do Emperador no norte de Italia, onde se libraron as batallas de Carpi en 1701, Cremona e Luzzara en 1702. Xunto co xefe inglés da alianza antifrancesa, o duque de Marlborough, lográronse brillantes vitorias na batalla de Blenheim (ou de Höchstädt) (1704), Ramillies (1706, só Marlborough), Turín (1706, só o príncipe Uxío), Oudenarde (1708) e Malplaquet (1709).

Fixo unha viaxe a Inglaterra para asegurar a alianza entre Alemaña e Inglaterra, mais non logrou o seu propósito.

Terminada a guerra polo Tratado de Rastatt en 1714, foi gobernador dos Países Baixos austríacos, ata que rota a paz cos turcos, marchou contra eles vencendo a un exército de 150000 otománs na batalla de Petrovaradin (1716).

Últimos anos editar

 
Palacio Belvedere, residencia vienesa do príncipe.

En 1703 mandou construír en Viena o Stadtpalais segundo planos de Johann Bernhard Fischer von Erlach. En 1726 comprou o palacio Hof, en Marchfeld, e encargoulle ao seu arquitecto favorito, Johann Lukas von Hildebrandt, o Belvedere, un palacio barroco no terceiro distrito de Viena que se edificou en dúas etapas, a primeira en 1714 e a segunda a partir de 1721. A construción deste palacio prolongouse ata 1723.

A súa notable colección de libros está aloxada no fastuoso salón da Biblioteca Nacional de Austria. Estivo relacionado cos filósofos da súa época, como Leibniz, Montesquieu e Voltaire. Uxío era moi popular entre os seus soldados, pois adoitaba marchar á fronte deles nas batallas, onde resultou ferido trece veces. Tamén era apreciado pola súa servidume polo seu comportamento social (por exemplo, daba traballo aos xardineiros mesmo no inverno).

A pesar da súa evidente sede de gloria nas guerras, os nomeamentos políticos e as construcións, Uxío nunca contraeu matrimonio, conservando así, segundo moitos, a súa propensión ao ideal de vida relixiosa.

Unha das novas posesións austríacas despois da Guerra de Sucesión Española foron os chamados Países Baixos austríacos. Eugenio foi nomeado gobernador desta área, e máis tarde chegou a ser rexente dos estados austríacos en Italia. Tan só dous anos despois do final da guerra contra Francia, Uxío conduciu os exércitos austríacos durante a Guerra Austro-Turca (1716-1718). Grazas á vitoria de Peterwardein Hungría foi liberada dos turcos e a fortaleza de Belgrado foi conquistada por Uxío o 22 de agosto de 1717, invadíndoas cunha inesperada ponte sobre o dique. Esta vitoria foi eternalizada na tradicional canción "Prinz Eugen, der edle Ritter" ("Príncipe Uxío, o nobre cabaleiro") e conmemorouse coa fundación da cervexería Timişoreana. A Batalla de Belgrado conduciu ao Tratado de Passarowitz Este engadiu temporalmente o norte de Serbia e Bosnia na ribeira do río Save para a coroa austríaca, rematando entón cos turcos e terminou finalmente coas ameazas turcas a Viena. En 1734 interveu na Guerra de Sucesión de Polonia, aínda que por pouco tempo, pois era xa demasiado ancián para as duras ocupacións da guerra.

Uxío morreu de pneumonía en Viena en 1736, mentres durmía, despois dunha noite xogando ás cartas coa súa vella amiga, a condesa de Batthyany. Unha lenda afirma que un león do zoolóxico do seu palacio morreu esa mesma noite. Está enterrado na capela de honra da catedral de Santo Estevo de Viena.

Legado editar

Á súa morte, Uxío era un dos homes máis ricos de Europa. Ao non contraer nunca matrimonio nin recoñecer fillos, a súa fortuna pasou á súa sobriña, a princesa Vitoria de Savoia-Carignano, a quen el nunca coñecera.[2] Ela vendeu a súa extensa biblioteca ao emperador austríaco, e formou o núcleo do que é hoxe en día a Biblioteca Nacional austríaca.

As mariñas de guerra de Inglaterra, Austria, Italia e Alemaña nomearon varios navíos na súa honra, sendo así a única persoa que deu nome a buques de guerra de catro escuadras diferentes: na primeira guerra mundial o monitor británico HMS Prince Eugene, o acoirazado Austro-Húngaro Prinz Eugen, o cruceiro lixeiro italiano Eugenio di Savoia e o cruceiro pesado alemán Prinz Eugen da segunda guerra mundial. Tamén levaba o seu nome a 7.ª División de Montaña SS Prinz Eugen; e igualmente o 33-Panzer-Regiment, pertencente á 9.ª División Panzer, foi redesignado con devandito nome.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Somerset: The Affair of the Poisons: Murder, Infanticide and Satanism at the Court of Louis XIV, 252
  2. McKay: Prince Eugene of Savoy, 203

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar