Uxío Labarta

Uxío Labarta Fernández
(Redirección desde «Uxío Labarta Fernández»)

Uxío Santiago Labarta Fernández, nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1949, é un biólogo, investigador, economista, político e xestor público galego, vinculado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e ao CSIC.[1][2][3]

Infotaula de personaUxío Labarta
Nome orixinalUxío Santiago Labarta Fernández
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1949 (74 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUSC
Actividade
Campo de traballoinvestigación mariña, pesca e acuicultura
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 273354

Traxectoria editar

 
Instituto de Investigacións Mariñas.

Licenciado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar en Vigo como investigador no IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC en 1972, do que foi secretario de 1979 a 1983. Foi director do gabinete de estudos da presidencia do CSIC (1983-86), asesor da presidencia do CSIC (1986-88), secretario do programa nacional de recursos mariños e acuicultura da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (1988-90) e director do IIM (1990-1994).[4]

Profesor de investigación no CSIC, asistiu ós cursos no Centro Oceanográfico de Brest (Francia), no que acadou a diplomatura en avaliación de recursos mariños pola FAO. Foi membro dos comités científicos da Comisión Internacional dos Caladoiros do Sueste Atlántico, onde estudou os caladoiros de pescada e crustáceos de África do Sur, e traballou na Comisión Internacional dos Caladoiros do Noroeste Atlántico co equipo que investigou os de bacallau e cefalópodos das augas do Canadá e dos Estados Unidos de América.[4]

Membro plenario do Consello da Cultura Galega (1991-1993), foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia na IV lexislatura, 1993-1997.[5]

Diplomouse en Organización e Xestión da Investigación Científica polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) de Alcalá de Henares. No ano 1997 doutorouse na USC coa tese Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas.[6]

Foi fundador e presidente da Asociación de Biólogos de Galicia. Formou parte do consello de redacción da revista Braña, Boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, e, dende 2003, da revista Grial.[7] Foi xurado dos Premios da Crítica Galicia.[8]

Foi coordinador en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (2006-2012).[9]

 
A Galicia Mariñeira, BBdCG.

Obra editar

Asesor da Enciclopedia Galega Universal e columnista de La Voz de Galicia dende o ano 2002,[10] é autor de varios libros, informes e máis de 150 artigos,[11] no campo da investigación mariña, a pesca nas costas e rías galegas e a acuicultura, desde os puntos de vista económicos e ecolóxicos, en particular sobre enerxía fisiolóxica, nutrición e cultivo de moluscos bivalvos como o mexillón.[4] Entre eles pódense citar:

  • A pesca galega e a sua investigación, Rueiro, 1978. ISBN 84-85220-23-4.[12]
  • A Galicia mariñeira, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1985, ISBN 84-7154-492-X.[13]
  • Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas, 1997, tese de doutoramento. USC.[6]
  • Desarrollo e innovación empresarial en la acuicultura. Una perspectiva gallega en un contexto internacionalizado, 2000, Fundación Caixa Galicia.[14]
  • La industria del mejillón. Mercados internacionales, productos y países (con Eduardo P. Corbacho), 2000, Fundación Caixa Galicia.
  • Bateeiros, mar, mejillón. Una perspectiva bioeconómica (coordinador), 2004, Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-69-9.[15]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar