Universidade de Kyushu

A Universidade de Kyushu (九州大学 Kyūshū Daigaku en xaponés, abreviado como 九大 Kyūdai ), é unha das universidades máis prestixiosas e influentes do Xapón e a universidade pública máis grande da illa de Kyushu.

Universidade de Kyushu
九州大学
Ōhashi, Chikushi e Ito da {{{universidade}}}
Datos xerais
Fundación1911
Datos actuais
Alumnos18743
Datos de contacto
Páxina webhttp://www.kyushu-u.ac.jp/
Facebook: KyushuUniv Twitter: KyushuUniv_JP BNE: XX186285 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Está situada na cidade de Fukuoka, na prefectura de Fukuoka.[1]

Historia

editar
 
Universidade de Kyushu.

Foi fundada en 1903 como unha facultade de Medicina antes de adquirir o status de universidade imperial en 1911, pertenceu á Asociación de Universidades Nacionais do Xapón desde 2004. A pesar da creación dunha nova entidade xurídica que permitiu unha maior autonomía, a Universidade de Kyushu aínda está parcialmente controlada polo Ministerio de Educación xaponés.

Estrutura

editar

Está estruturada en doce facultades para o primeiro ciclo e dezasete para os ciclos seguintes. Tamén inclúe un hospital, bibliotecas que suman pouco máis de catro millóns de títulos e un museo.

Campus

editar

A universidade ten tres campus ou campi principais repartidos por Fukuoka, especificamente en Ōhashi, Chikushi e Ito.

Persoal universitario e alumnado

editar

Forma a uns 18.743 estudantes, incluídos 1.713 estranxeiros, e conta con 4.940 persoas que traballan en actividades de investigación ou docencia.

Persoas célebres vinculadas á universidade

editar

Física, química e enxeñaría

editar

Fisioloxía e Medicina

editar

Literatura e Historia

editar

Política e negocios

editar
  1. "Universidade Kyushu" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2019. 
  2. "Laureates 2016". NobelPrize.org (en inglés). 
  3. 安部公房は受賞寸前だった…ノーベル委員長語る YOMIURI ONLINE2012年3月23日

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

----

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.