Universidade de California, San Francisco

universidade pública de San Francisco en California

A Universidade de California, San Francisco (UCSF) é unha das universidades do sistema da Universidade de California, localizada na cidade de San Francisco.

Universidade de California en San Francisco
University of California, San Francisco (UCSF)
Logotipo da UCSF
Datos xerais
FundaciónMarzo de 1873
Datos actuais
ReitorSusan D. Desmond-Hellmann
Datos de contacto
Enderezo San Francisco, CA 94143,
Oficinas Centrais
Teléfono 415/476-9000
Páxina webUniversidade de California en San Francisco
Facebook: ucsf Twitter: ucsf Instagram: ucsf Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A Universidade de California en San Francisco remonta a súa historia a Hugh Toland, un cirurxián de Carolina do Sur que tivo un grande éxito e riqueza despois de mudarse a San Francisco en 1852.[1] Unha escola anterior, o "Cooper Medical College" da Universidade do Pacífico (fundada en 1858), entrou nun período de incerteza en 1862 cando morreu o seu fundador, Elias Samuel Cooper.[2]

En 1864 Toland fundou unha nova Escola de Medicina, "Toland Medical College", e a Facultade do "Cooper Medical College" optou por suspender as operacións e unirse á nova Escola.[3]

A Universidade de California foi fundada o 23 de marzo de 1868, coa promulgación da súa Lei Orgánica. A Sección 8 da Lei Orgánica autorizou ao Consello de Rexentes a afiliar á Universidade de California a colexios profesionais independentes e autosuficientes.[3][4] En 1870, a Facultade de Medicina de Toland comezou a negociar unha afiliación á nova universidade pública.[5]

En marzo de 1873, os administradores do "Toland Medical College" trasladárono aos rexentes da Universidade de California, e converteuse no Departamento de Medicina da Universidade de California.[2]

Actividades

editar

A misión de UCSF é a de servir como unha "universidade pública dedicada a salvar vidas e mellorar a saúde." O Centro Médico da UCSF está continuamente clasificado entre os 10 mellores hospitais dos Estados Unidos por US News & World Report, que tamén clasificou o seu programa de coidado médico para a SIDA en primeira posición no país.

Entre os dez campus da Universidade de California, é o único dedicado exclusivamente á educación de posgrao en Ciencias da Saúde e Biomedicina.[6][7][8][9]

Está recoñecida como unha das grandes facultades de Medicina dos Estados Unidos.

Algúns dos centros de tratamento da UCSF inclúnen transplantes de ril e de fígado, radioloxía, neurocirurxía, neuroloxía, oncoloxía, oftalmoloxía, terapia xénica, saúde da muller, cirurxía fetal, pediatría e medicina interna.

Tamén é coñecida porque o seu investigador e profesor Stanley B. Prusiner, director do Instituto de Enfermidades Neurodexenerativas da Universidade, descubriu en 1982 os prións, causantes, entre outras, da enfermidade de Creutzfeldt-Jakob e da enfermidade das vacas tolas (encefalopatía esponxiforme bovina),[10] polo que, en 1997 foille outorgado o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[10]

  1. Hugh Huger Toland (1806-1880) "A History of UCSF". University of California, San Francisco.
  2. 2,0 2,1 "The Origins of the University of California and Affiliated Colleges". University of California, San Francisco.
  3. 3,0 3,1 Stadtman, Verne A. (1970): The University of California, 1868–1968. New York: McGraw-Hill. pp. 125–141.
  4. Ver Statutes of Calif "The Origins of the University of California and Affiliated Colleges". University of California San Francisco.ornia.
  5. "The Origins of the University of California and Affiliated Colleges". University of California, San Francisco.
  6. "UCSF Schools Earn Top Rankings in 2017 US News Survey". UC San Francisco.
  7. "Health". U.S. News & World Report L.P.
  8. "University of California, San Francisco". 16 de xullo de 2015.
  9. "UCSF Leads in Academic Rankings, NIH Funding – California Life Sciences Association". 28 de marzo de 2011. Arquivado do orixinal o 20 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2022.
  10. 10,0 10,1 Stanley B. Prusiner. Biografía en nobelprize.org. Consultado o 15 de setembro de 2022.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar