Abrir o menú principal

Unha unión de feito, parella de feito ou asociación libre é a unión afectiva de dúas persoas físicas, con independencia da súa orientación sexual, a fin de convivir de forma estable, nunha relación de afectividade análoga á conxugal.

Dada a vinculación só afectiva e de convivencia entre os compoñentes das parellas de feito, que en ocasións leva unha dependencia económica análoga á dun matrimonio, algúns ordenamentos xurídicos víronse na necesidade de regulalas para evitar o desamparo dalgún dos compoñentes da parella en certas situacións como morte do outro, enfermidade etc.

En EuropaEditar

Na Unión Europea, a unión de feito é moi común. No 2012, o 40% de tódolos nacementos nos 28 países da Unión Europea era extramaritais.[1] A porcentaxe de nacementos fóra do matrimonio incrementouse dramaticamanete en moitos países europeos durante as últimas décadas. A maioría dos nacementos prodúcense fóra do matrimonio (2012,[2] agás onde se sinale) nos seguintes países europeos: Islandia (66,9%), Estonia (59% no 2014[3]), Bulgaria (58,8% no 2014[4]), Eslovenia (58,3% - no 2014[5]), Francia (57,1% no 2013[6]), Noruega (55,2% no 2013[1]), Suecia (54,6% no 2014[7]), Bélxica (52,3%), Dinamarca (52,5% no 2014[7]) e Portugal (50,7% no 2015[8]).

Malia que a unión de feito é común en tódalas idades, o fenómeno é moito máis común entre a xente nova. A finais de 2005, o 21% das familias de Finlandia estaban formadas por parellas de unión de feito (de tódalas idades). Das parellas con nenos, o 18% eran de unión de feito.[9] A unión de feito é a máis común entre os fineses menores de 30 anos. Os obstáculos legais para a unión de feito feron eliminados e o fenómeno foi socialmente aceptado pouco despois. En Francia, o 17,5% das parellas eran de unión de feito en 1999.[10]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • José Ignacio Alonso Pérez, El reconocimiento de las uniones no matrimoniales en la Unión Europea. Análisis y sinopsis de las leyes autonómicas en vigor, Bosch, Barcelona, 2007.
  • Felipe de la Mata Pizaña y Roberto Garzón Jiménez “Derecho Familiar y sus reformas recientes a la Legislación del Distrito Federal" publicado por editorial Porrúa, 2004.