Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth
Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth (en galego: Contos inconclusos de Númenor e a Terra Media), tamén coñecidos simplemente como Unfinished Tales (Contos inconclusos), é unha colección de historias escritas por J. R. R. Tolkien que nunca foron completadas en vida do escritor, pero foron editadas polo seu fillo Christopher Tolkien e publicadas en 1980. Ao contrario que n'O Silmarillion, no cal modificáronse os fragmentos da narrativa para conectalos e crear unha obra consistente e coherente, os Contos inconclusos preséntanse como Tolkien os concibiu, co lixeiro cambio dalgúns nomes (o autor tiña o hábito de inventar distintos nomes para un personaxe mentres escribía os seus borradores). Deste xeito, algunhas destas historias están incompletas, mentres que outras son coleccións puramente informativas acerca da Terra Media. Cada conto está acompañado dunha longa serie de notas aclarando puntos inconsistentes e escuros.
Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth | |
---|---|
Título orixinal | Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa |
Tema(s) | O legendarium de Tolkien |
Xénero(s) | Fantasía |
Data de pub. | 1980 |
Editor | Christopher Tolkien |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Como ocorreu co Silmarillion, Christopher Tolkien editou e publicou os Contos Inconclusos antes de rematar de estudar a fondo os materiais do arquivo do seu pai. Malia a súa deficiente inconsistencia editorial, os Contos inconclusos proporcionan información máis detallada acerca dos personaxes, feitos e lugares que unicamente se mencionan brevemente n'O Señor dos Aneis. As versións de historias como as orixes de Gandalf e os Istari (os Magos), a morte de Isildur e a perda do Anel Único nos Campos Ledos, e a fundación do reino de Rohan axudan a aumentar o coñecemento sobre a Terra Media.
É particularmente destacable o conto de Aldarion e Erendis, a única historia coñecida de Númenor antes da súa caída. O libro inclúe así mesmo un mapa de Númenor.
O éxito comercial dos Contos inconclusos demostrou que a demanda de historias de Tolkien trala súa morte non estaba só presente, senón que medraba. Animado polo resultado, Christopher Tolkien embarcouse nun proxecto máis ambicioso, unha obra de doce volumes titulada A historia da Terra Media, que abarca practicamente toda a obra de Tolkien sobre a Terra Media.
Contido
editarPart One: The First Age (Primeira parte: A Primeira Idade):
- "Of Tuor and his Coming to Gondolin (De Tuor e a súa chegada a Gondolin)"
- "Narn i Hîn Húrin (The Tale of the Children of Húrin) (A Historia dos Fillos de Húrin)"
Part Two: The Second Age (Segunda parte: A Segunda Idade):
- "A Description of the Island of Númenor (Unha descrición da illa de Númenor"
- "Aldarion and Erendis: The Mariner's Wife (Aldarion e Erendis: a esposa do mariñeiro)"
- "The Line of Elros: Kings of Númenor (A liña de Elros: reis de Númenor)"
- "The History of Galadriel and Celeborn (A hisroria de Galadriel e Celeborn)"
Part Three: The Third Age (Terceira parte: A Terceira Idade):
- "The Disaster of the Gladden Fields (O desastre dos Campos Ledos)"
- "Cirion and Eorl and the Friendship of Gondor and Rohan (Cirion e Eorl e a amizade entre Gondor e Rohan)"
- "The Quest of Erebor (A busca de Erebor)"
- "The Hunt for the Ring (A busca do Anel Único)"
- "The Battles of the Fords of Isen (As batallas dos Vaos do Isen)"
Part Four (Cuarta parte)
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |