Erebor
montaña ficticia
No legendarium da Terra Media creado polo autor inglés J. R. R. Tolkien, a Montaña Solitaria é unha montaña ficticia que se atopa ao nordeste do Bosque Escuro. É o fogar do Reino baixo a Montaña dos ananos. A cidade de Dale atópase nun val nas súas ladeiras do sur. Na obra O Señor dos Aneis, a montaña é mencionada co seu nome en sindarin, Erebor.[T 1] A Montaña Solitaria é o obxectivo dos protagonistas da obra O hobbit, e o escenario do clímax da historia.
Erebor | |
---|---|
Legendarium de J. R. R. Tolkien | |
Representación artística de Erebor. | |
Primeira aparición | O hobbit |
Información | |
Tipo | reino dos ananos na montaña |
Gobernante | Reis da dinastía de Durin: [1] T. I 1999–2210, [2] 2590–2770, [3] 2941–Cuarta Idade; Smaug: T. I. 2770–2941 |
Localización | Nordeste do Bosque Escuro |
Outros nomes | Montaña Solitaria; o Reino baixo a Montaña |
A Montaña Solitaria é un símbolo da aventura en O hobbit, e da maduración do protagonista, Bilbo Bulseiro, como individuo.
Notas
editar- ↑ O Regreso do Rei, Libro 5, cáp. 9 "A derradeira deliberación"
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |