Trofeo Teresa Herrera 1955

10ª edición do Trofeo Teresa Herrera


O Trofeo Teresa Herrera de 1955 foi a décima edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 1 de setembro de 1955 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 2-1 ao Athletic Club.[1]

Modelo:Competición deportivaTrofeo Teresa Herrera 1955
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor em Wikidata
Parte deTrofeo Teresa Herrera Editar o valor em Wikidata
Número de participantes2 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
Localizaciónestadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737Coordenadas: 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Número de edición10  (1955) Editar o valor em Wikidata
Competición
ÁrbitroManuel Asensi Martín Editar o valor em Wikidata
Primeiro postoDeportivo da Coruña Editar o valor em Wikidata

1954 Editar o valor em Wikidata
1956 Editar o valor em Wikidata

O torneo ía disputarse inicialmente en agosto, enfrontando ao Stade de Reims, campión francés, co Athletic de Bilbao. Con todo, pouco antes do partido anunciouse que o Stade de Reims non podía viaxar por non ter xogadores suficientes, contando con numerosas ausencias como as de Raymond Kopa,[2][3] O concello da Coruña tentou buscar entón outro equipo de similar nivel, pero ao non poder conseguilo recorreu ao Deportivo da Coruña. A pesar de que o Deportivo non tiña a categoría que os organizadores querían,[4] o torneo foi todo un éxito e o club galego acabou levando o trofeo na súa primeira participación, no que a prensa da época definiu como un dos días máis memorábeis da historia do fútbol coruñés.[5]

Desenvolvemento

editar

O Athletic, que viña de gañar a Copa do Xeneralísimo, e que gañaría ese ano liga e Copa, adiantouse no minuto 41 por mediación de Artetxe, cun disparo que golpeou nas costas de Manín antes de entrar na portería defendida por Otero. Aos poucos minutos de comezar a segunda parte logrou o empate o histórico Pahiño, que marcou aínda dous goles máis que foron anulados. Co tempo cumprido e o empate no marcador xogouse unha prórroga ao final da cal o partido aínda seguía 1-1, polo que se engadiu máis tempo extra que remataría cando un dos equipos marcase. Finalmente, no minuto 130 de partido, Pahiño bateu de novo a Carmelo Cedrún para darlle ao Deportivo o seu primeiro título.[5]

Participantes

editar
  Deportivo da Coruña 7º na liga española 1954/55
  Athletic Club Campión da Copa do Xeneralísimo de 1955

Partidos

editar
Deportivo da Coruña 2–1 Athletic Club 1 de setembro de 1955 – Riazor, A Coruña
Asistencia: 32.000
Árbitro:   Asensi
Pahiño   50'   130' Informe
Artetxe   41'
Titulares:
  Otero
  Rodolfo
  Manín
  Irusquieta
  Botana
  Juananco  
  Arsenio
  Pahiño
  Juan
  Lechuga II   36'
  Polo
Substitucións:
  Bazán   36'
  Cuenca  
Adestrador:
  Vizoso
Titulares:
  Carmelo
  Orúe
  Garay
  Canito
  Mauri
  Maguregui
  Artetxe
  Marcaida
  Arieta
  Uribe
  Gainza  
Substitucións:
  Bilbao  
Adestrador:
  Daučík
  1. Datos da final en rsssf.com
  2. "El Teresa Herrera aplazado". La Noche (en castelán). 30 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  3. "El Stade de Reims no tenía jugadores para venir a La Coruña". El Correo Gallego (en castelán). 1 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  4. "El Deportivo de La Coruña será el rival del Atlético de Bilbao". La Noche (en castelán). 31 de agosto de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "Con todos los honores, el Deportivo se adjudica el X Trofeo Teresa Herrera, al vencer al Atlético de Bilbao (2-1)". La Noche (en castelán). 2 de setembro de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar