José Luis Artetxe

futbolista español

José Luis Artetxe Muguire, nado en Algorta o 28 de xuño de 1930 e finado en Biscaia o 19 de marzo de 2016,[1] foi un futbolista español, que xogaba de extremo dereito. Xogador histórico do Athletic Club, desenvolveu toda a súa carreira profesional no club bilbaíno, disputando 350 partidos oficiais, nos que marcou 137 goles. É o noveno máximo goleador da historia do club.

Artetxe
Información persoal
Nome José Luis Artetxe Muguire
Nacemento 28 de xuño de 1930
Lugar de nacemento Getxo
Falecemento 19 de marzo de 2016
Altura 1,74 m.
Posición Extremo dereito
Carreira xuvenil
1947–1949 Munguia
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1949–1965 Athletic Club 274 (105)
1949–1950 Getxo
Selección nacional
1953 España B 1 (0)
1954–1959 España 6 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

En 1956 converteuse no primeiro futbolista español en marcar un triplete na Copa de Europa.

Traxectoria editar

Athletic Club editar

Comezou a xogar ao fútbol no Munguía, ata que en 1949 foi fichado polo Athletic Club e este cedeuno na súa primeira tempada ao Getxo da súa vila natal, equipo da Terceira División.[2] Na tempada 1950/51 debutou co Athletic en partido oficial, concretamente o 10 de setembro de 1950, nunha vitoria por 4-0 sobre Atlético de Madrid. Marcou o seu primeiro tanto coa camiseta branca e vermella no seu terceiro partido, contra o Real Madrid.

Militou no club bilbaíno durante un total de 15 tempadas, contabilizando 350 partidos oficiais e 137 goles, o que o sitúa como o noveno máximo goleador da historia do club. Durante anos formou unha popular dianteira xunto a Markaida, Arieta I, Uribe e Gaínza.[3]

Gañou co Athletic unha liga, tres Copas do Xeneralísimo e unha Copa Eva Duarte. A súa tempada máis prolífica foi a 1955/56, con Ferdinand Daučík no banco, na que marcou un total de 21 goles e se proclamou campión de liga e de Copa. Ao ano seguinte debutou xunto ao club na Copa de Europa e converteuse no primeiro futbolista español en marcar un triplete na competición, ao lle meter tres goles ao Porto.[4] A día de hoxe mantense como o máximo goleador histórico do Athletic na máxima competición continental, con 5 goles.[5][6]

Selección española editar

Foi seis veces internacional coa selección española, coa que debutou o 17 de marzo de 1954 no imporante partido ante Turquía no estadio Olímpico de Roma, que decidía cal dos dous equipos disputaría o Mundial de 1954. Artetxe abriu o marcador, pero o encontro rematou con empate a dous goles e decidiuse a favor do equipo turco por sorteo a través da man inocente dun neno de 10 anos.[7]

Disputou o seu último partido internacional o 17 de decembro de 1959, contra Francia.

Trala retirada editar

Mentres xogaba no Athletic estudou para perito industrial e montou unha fábrica de pensos en Mungia, á que se dedicou despois de colgar as botas.[2]

Notas editar

  1. "Fallece el exjugador del Athletic José Luis Artetxe" (en castelán). 20 de marzo de 2016. Consultado o 7 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Rodrigálvarez, Eduardo (20 de marzo de 2016). "Muere Artetxe, el aldeano ilustrado". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 7 de setembro de 2022. 
  3. Salazar, Bernardo (2 de marzo de 2016). "Las tres grandes delanteras que hubo en la historia el Athletic". As (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2022. 
  4. "José Luis Artetxe, triste adiós a un rebelde con causa". Deia (en castelán). 20 de marzo de 2016. Consultado o 7 de setembro de 2022. 
  5. Rivas, Jon (19 de marzo de 2016). "Muere José Luis Artetxe, leyenda del Athletic de los 50". El Mundo (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2022. 
  6. Velasco, Juanma (19 de marzo de 2016). "Fallece José Luis Artetxe". Marca (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2022. 
  7. Pérez, Eliézer (25 de marzo de 2009). "Aquel España-Turquía de 1954". Marca (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar