Treroninae
Treroninae Treroninos | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hemiphaga novaeseelandiae | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A dos treroninos (Treroninae), coñecidos ba bibliografía internacional como pombas das froitas, é unha subfamilia de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, que se distribúen polas rexións meridionais do Vello Mundo, encontrándose en África e no sur de Asia, pero tamén en Australia, así como en moitas illas do océano Pacífico.
Características
editarAs pomabas das froitas teñen un corpo robusto, un pico curto e groso, as pata curtas e fortes, as ás de tamaño mediano e unha cola curta, formada por catorce plumas, xeralmente rectas, rara vez con forma de cuña alongada. Chama a atención a plumaxe vividamente coloreada dalgunhas especies, o que as distingue das especies, na súa maioría de cor gris, da subfamilia das columbinas.
Bioloxía
editarO nome de "pombas das froitas" refírese á nutrición de moitas das especies desta subfamilia de pombas. Viven nas árbores e aliméntanse principalmente, case exclusivamente, de froitas. Algunhas das especies teñen adaptacións especiais do tracto gastrointestinal para dixeriren os froitos.[1]
Taxonomía
editarDescrición
editarA subfamilia foi descrita en 1840 polo zoólogo e escritor inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray, irmán máis novo do tamén zoólogo John Edward Gray,[2] na páxina 57 da súa obra A list of the genera of birds: with their synonyma an indication of the typical species of each genus.
Etimoloxía
editarO nome científico da subfamilia está formado pola adición ao noe do seu xénero tipo, Treron, do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
Sinónimo
editarAdemais de polo basónimo, actualmente válido, a subfamilia foi coñecida tamén polo nome de Alectoroenas Agassiz, 1846, desbotado en virtude da regra da antigüidade.[3]
Especies
editarNa subfamilia recoñécense os dez xéneros seguintes:[4][5]
- Alectroenas G. R. Gray, 1840
- Cryptophaps Salvadori, 1893
- Drepanoptila Bonaparte, 1855
- Ducula Hodgson, 1836
- Gymnophaps Salvadori, 1874
- Hemiphaga Bonaparte, 1854
- Lopholaimus Gould, 1841
- Phapitreron Bonaparte, 1854
- Ptilinopus Swainson, 1825
- Treron Vieillot, 1816
Porén, de acordo con estudos recentes de xenética molecular, as chamadas "pombas verdes" (xénero Treron) foron desvinculadas deste grupo, para formaren un taxon monofilético.[6] Segundo isto, as pombas verdes forman agora a tribo dos Treronini. As restantes pombas das froitas, coa excepción das pombas de froitas marróns (xénero Phapitreron), forman a tribo dos Ptilinopini. Estes dous grupos están relacionados (e incluídos) con outros na subfamilia recentemente creada dos Raphinae, que tamén inclúe o extinto dodo (Raphus cucullatus).[Cómpre referencia]
Galería
editarNotas
editar- ↑ Cadow, C. (1933): "Magen und Darm der Fruchttauben". Journal für Ornithologie 81 (1): 236–252.
- ↑ "Gray, George Robert (1808–1872)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford, UK: Oxford University Press.
- ↑ Alectoroenas Agassiz, 1846 en Nomenclator Zoologicus.
- ↑ Treroninae no ITIS.
- ↑ Goodwin, Derek (1983): Pigeons and Doves of the World, 3rd edition. Ithaca, Nova York, USA: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-1434-3.
- ↑ Shapiro, Beth, et al. (2002): "Flight of the Dodo", Science 295 (5560): 1683.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Treroninae |
Bibliografía
editar- del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1.
- Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
- Worthy, T. H.; Hand, S. J.; Worthy, J. P.; Tennyson, A. J. D. & Scofield, R. P. (2009): "A large fruit pigeon (Columbidae) from the Early Miocene of New Zealand". The Auk: Ornithological Advances 126 (3): 649–656.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Treroninae na ADW.