Neognatos
Neognathae

Parrulo mandarín macho.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Neognathae
Pycraft, 1900
Ordes
Véxase o texto

Os neognatos (Neognathae; do grego ‘mandíbulas novas’) son unha das dúas superordes de aves dentro da subclase Neornithes. Neognathae contén practicamente todas as aves vivas, a excepción das pertencentes ao seu taxón irmán (a outra superorde vivente: Palaeognathae), que contén a familia das Tinamidae e as non voadoras Ratites (avestruces, emús etc.)

Hai cerca de 10.000 especies de neognatos desde finais do Cretáceo, de onde son os primeiros fósiles coñecidos, que sufriron unha radiación adaptativa, a cal produciu a diversidade de forma, función e comportamento que se ve hoxe. Dentro desta superorde encóntranse as paseriformes (aves de percha), o clado máis grande de vertebrados terrestres, o cal contén un 60% das aves que viven, e ten máis do dobre de especies que os roedores, e unhas 5 veces máis que os quirópteros (morcegos e raposos voadores), que son os clados máis grandes de mamíferos. Por outro lado, esta superorde contén algunhas ordes moi pequenas, polo xeral de aves de relacións filoxenéticas moi pouco claras, como o hoatzíns.

Taxonomía e sistemática editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mindell, David P. & Brown, Joseph W. (2005): The Tree of Life Web Project - Neornithes Arquivado 12 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultado o 8 de xaneiro de 2008.
  • Mindell, David P.; Brown, Joseph W. & Harshman, John (2005): The Tree of Life Web Project - Neoaves Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine.. Versión de 14 de decembro de 2005. Consultado o 8 de xaneiro de 2008.